Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Día de Rosalía 22

Hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento, conmemoramos o Día de Rosalía.

Ademáis de diferentes traballos de aula sobre a figura da escritora, tamén fixemos uns traballos plásticos dignos de estar colgados das paredes de calquera museo, nacional ou internacional! Somos artistas!!

Tamén plantamos uns preciosos pensamentos que forman parte do xardín adicado a autora de Cantares Gallegos e Follas Novas para "sementar pensamentos" como fixo ela.

 
 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do Día da Muller e Nena na Ciencia coñecemos da man do Faro de Vigo e da UCC CSIC Galicia o labor da oceanógrafa, Lara García e a piloto de barcos, Cristina Álvarez. 

A través de videoconferencia observamos imaxes da Antártida e como investigan en grandes buques.

Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos un montón de cousas sobre o traballo destas exploradoras dos océanos.

Pero a cousa non quedou aí, tamén fixemos experimentos, programamos, observamos e ata fixemos lemas.

Día da Ilustración

Dende o 2014 cada 30 de xaneiro celébrase en Galicia o Día da Ilustración, coincidindo coa data do nacemento de Castelao.

Este ano, coñecemos a tres mulleres galegas que, ademais de ilustradoras fan uns marabillosos murais, igual que Haring fixo con Tuttomondo.

As artistas que coñecemos son Eva Casais, Lara Torres e Lidia Cao. A que fan cousas preciosas?

 

25N. Construímos Igualdade para loitar contra a Violencia de Xénero

No CEIP Plurilingüe de Rubiáns tomamos o exemplo da graffiteira afgá Shamsia Hassani e pintamos os nosos muros para expresarnos. Ao longo destes días, grazas a colaboración das familias, pintamos o muro da entrada e atamos lazos de cores para dárlle vida á entrada do noso cole, ao tempo que facemos ben visible un dos propósitos do noso centro: educar en Igualdade aos nenos e nenas para que no futuro sexan libres e fortes.

Ademais, tamén traballamos o conto "Pepuka e o Monstro que lle levou o sorriso", de Estela Moreno. Ao igual cas protagonistas das pinturas de Shamsia, Pepuka queda sen boca, xa que o Monstro lla levou. Fixemos a nosa propia versión e ata unha representación para os máis pequenos!

Coma cada ano fixemos unha fotografía como mostra de repulsa cara este tipo de violencia e, nesta ocasión engadimos unha reivindicativa pulseira morada ás camisetas negras. 

SE CHE QUITA O SORRISO, NON É AMOR!

25N: Shamsia Hassani

COÑECE A ARTISTA AFGANA 

 

AGORA DEMOSTRA O QUE APRENDECHES

 

Premio Igualdade

Da man das responsables do CIM e da Concelleira de Igualdade, Tania García, recollimos o XV Premio para a Igualdade convocado pola área de Igualdade do Concello de Vilagarcía.

Como decimos sempre a Educación en Igualdade desempeña un papel moi importante no noso cole.

Traballamos para que as nenas crezan pensando que poden ser o que elas queiran ser, que o feito de ser muller non pode ser unha traba para alcanzar os seus soños; e tamén para que os nenos respecten e entendan que as mulleres son iguais que eles.

Moitas grazas ao Concello por esta iniciativa que axuda aos centros escolares a realizar actividades en prol da igualdade.

Podedes ver os traballos realizados no apartado MULLER TIÑAS QUE SER 

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

Concello de Vilagarcía - Os colexios de Rubiáns e a Lomba e a comunidade educativa de Vilaxoán gañan o XV Premio para a Igualdade

Faro de Vigo - Os colexios de Rubiáns e A Lomba gañan o XV Premio de Igualdade

Canal Rias Baixas - Os colexios de Rubiáns e A Lomba gañan os premios a Igualdade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut