Skip to Content

Cora Coralina

Actividades da promoción de 2016

Plasticine sculptures

Colourful sculptures

Today we have learned a little bit about "sculpture".

We made our own colourful sculptures. Aren´t they gorgeous?

Watch the video if you want to see them.

 

Hoxe aprendimos un pouquiño sobre escultura (qué palabra tan rara en inglés!)

Fixemos as nosas propias esculturas coloridas.

Mira o vídeo se queres velas.

Festival de Nadal 2019: Actuación 1º

Un ano máis despedimos o 1º trimestre co noso popular Festival de Nadal.

A choiva quixo ser tamén protagonista pero non conseguiu amedrentar ao público que un ano máis encheu o centro cultural de Rubiáns.

O alumnado de Primeiro fixo un popurrí de varias películas moi coñecidas (Ghostbusters, Brave, Mary Poppins, Rey León, Polar Express...) 

Estiveron fantásticos, non credes?

Move like the dinosaurs!

Gustounos tanto esta canción que non puidemos deixar pasar a ocasión de gravar o videoclip.

A calidade non é a que nos gustaría pero queremos compartilo con vós igualmente.

Videoclip "Concepción Arenal"

Os que nos seguides xa sabedes canto nos gusta facer versións de cancións e gravar "videoclips". Tamén sabedes que un dos alicerces do noso cole é a IGUALDADE (3 dos nosos proxectos foron premiados no concurso de Boas Prácticas na Escola "Igualdá" do Concello de Vilagarcía e 1 mereceu o Premio Nacional do Ministerio de Educación).

Nesta ocasión, o alumnado de infantil (5 anos) mesturou a igualdade co proxecto deste curso "Sabela coñece Galicia" e traduciu e versionou a canción sobre Concepción Arenal de "Los Lunis de Leyenda".

Tres alumnas de 6º puxeron as súas voces e o alumnado de 5 anos interprétaa con moita credibilidade, non vos parece?

Distribuir contido


by Dr. Radut