Skip to Content

Actividades

Vendima en Rubians

ANXO MOURE: O PESCADOR DE CONTOS

Despois de averiguar que o noso personaxe misterioso era Anxo Moure tocaba coñecelo e, sabedes? contounos unha chea de historias e contos.

Que ben o pasamos todos! Pero, ademais, aprendemos algo moi importante: hai que coidar as árbores, plantalas, aloumiñalas... e cando esteamos enfadados ou tristes tamén podemos abrazalas para sentirnos mellor.

celebración do día da Paz

Este curso, celebramos o día da paz coa visita do Dr.Patricio Serqueira, que nos veu a falar da súa labor humanitaria en "El Salvador". Alí, se despraza cada ano para operar a moitos nenos e nenas que, por vivir en países con poucos recursos, carecen de especialistas médicos que podan tratar as patoloxías nas que Patricio e outros compañeiros sí o son. Mediante unha serie de fotos e videos, comprobamos as dificultades que pasan moitas familias e dímonos conta da sorte que temos de vivir en un país desenvolvido, como o noso.

UNHA POMBA QUE PARECE DE VERDADE

Impresionante a pomba que fixo Guadalupe de tres anos, costa diferenciala dunha de verdade. Parabéns

Día da paz

Todos os alumnos de educación infantil fixeron unha gran pomba da paz cos vasos de iogurt que trouxeron das casas. Así, seguimos traballando a reciclaxe.

DECORAMOS A NOSA ENTRADA

Con todas as macetas que estades traendo estamos deixando o colexio fermosísimo e as que algunhas familias trouxeron con botellas de auga quedan preciosas colgadas. A semana pasada estivemos tamén pintando outros testos con motivos moi "lolailos". Deíxovos unha pequena mostra.

RECICLAXE

Como sabedes, este ano estamos levando a cabo un proxecto para aprender a reciclar. Este trimestre centrámonos sobretodo na reutulización de envases que xa non servía, como as botellas da auga, botes de pintura.......Deixovos un video para que sigamos aprendendo. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut