Skip to Content

Complementarias

Charla "Coñecemos a nosa ría"

O pasado luns tivemos a sorte de paticipar nunha actividade na que coñecemos un pouco máis a nosa ría e algúns dos animais que viven nela da man do GALP, que está desenrolando o proxecto "Por un futuro sostible da nosa Ría".

Luis e Begoña, de Corticata, explicáronnos a importancia dun Parque Nacional e lembráronnos que na Ría de Arousa temos 2 illas pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, unha delas na nosa cidade. Despois, aprendemos a recoñecer as zamburiñas, ostras, mexillóns, navallas, ameixas... e a comprender que cada especie precisa un fondo diferente para vivir (rochas, area...). Rematamos a actividade cun xogo no que tiñamos que identificar diferentes especies de peixes e moluscos e deducir que tipo de fondo mariño precisan para vivir.

Chamounos a atención escoitar que ademais de faros de luz existen faros de son que están situados en lugares con moita néboa.

Tamén nos sorprendeu moito saber que ao carón da Illa de Sálvora se producira un naufraxio, no que houbo máis de 200 falecidos e uns heroes entre os que destacaban un grupo de mulleres que foron quen de rescatar 55 persoas, pese ao mal tempo que había aquela noite.

 

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo 10/12/16

Pontevedraviva 7/12/16

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Contra a violencia de xénero, ACTÚA

O CEIP de Rubiáns súmase á moda do reto do maniquí (mannequin challenge) para loitar contra a violencia de xénero, pois estamos convencidos de que a maneira de acabar con ela é educando e concienciando a toda a sociedade.

Pedímoslle á sociedade que reaccione e actúe ante a violencia de xénero.

 

 

Ante a violencia de xénero non te quedes parado!

Educa, conciencia, reacciona.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Teatro

O venres fomos ao Auditorio de Vilagarcía a ver a representación da obra "A cabeza do Dragón" programada polo grupo teatral vilagarciano Clámide (que celebra o seu 35 aniversario) para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán. A peza conta co respaldo sonoro da Escola Municipal de Música, as coreografías de Animación Sociocultural Nydia e as loitas de Kenpo Vilagarcía.

Os chamativos personaxes que aparecen na obra e os divertidos diálogos fixeron que gozaramos un montón do espectáculo.

Macedonia multicolor

E mentres os maoires marchaban a escoitar a banda de música os pequenos poñían o broche de ouro á primeira semana da froita deste curso.

Con moitas ganas e cheíños de ilusión baixaron ao comedor para preparar uha deliciosa macedonia cunhas pezas que quedaran destes días. Mazá, pera, laranxa, amorodos ou mandarinas foron os ingredientes que empregaron para elaborar a súa merenda. Que rica estaba!

Macedonia

 

Un día de cine

Hoxe todo o alumnado de primaria gozou dunha xornada estupenda da man da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa no Auditorio Municipal. Alí deleitáronnos coas bandas sonoras de películas ben coñecidas por todos como "Piratas do Caribe" ou "Como entrear ao meu dragón". Pero o máis esperado e tarareado foi a peza que nos reservaban para o final: a "Marcha Imperial" de Star Wars.

Día Internacional da Muller

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, coma todos os anos, cunha charla moi interesante.

Para conmemorar este día visitounos Mª Carmen Barcala, unha veciña de Rubiáns traballadora da Comunidade de Montes O Souto e tamén nunha conserveira.

Mª Carmen contounos as súas peripecias como a única muller traballando nun grupo de homes. Como estamos inmersos no proxecto O bosque de Sabela, non paramos de facerlle preguntas sobre curiosidades que temos sobre os animais, as árbores...

Graciñas, Mª Carmen por esta visita.

Pero non pensedes que esto queda aquí! Aínda nos queda unha sorpresiña para dentro duns días. Que será?

 

Teatro "in English"

Cartel da obra de teatro

O ano pasado gozamos cos Pirates pero este ano todavía o pasamos mellor con Karen, Buffy e Boo!  unha pantasma que non asustaba tanto como ela cría.

Alumnado e profesorado pasamos un rato moi agradable con esta historia.

Moitas grazas a Kids&Us Vilagarcía por traer esta actividade ao noso cole.

 

 

Educación vial

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut