Skip to Content

Medio ambiente

RECICLANDO POLA PAZ (OBRADOIROS DAS TRES ERRES)

Como podedes observar nas imaxes, aproveitamos calquera actividade programada para sacar a imaxinación a relucir e reciclar, reducir e reutilizar material de refugallo!

Nesta ocasión fixemos a palabra "PAZ" con CD´S reutilizándoos e pegándolles as nosas caras.

Quedou xenial! Podedes ver o vídeo do Día da Paz neste enlace: Paz

Recíclate con SOGAMA

Hoxe o alumnado de 4°, 5° e 6° aprendeu unha morea de cousas sobre a reciclaxe e descubriu cousas que poden chamar a atención como que non se poden reciclar as perchas, as caixas de pizza ou as palliñas.

E sabedes? Como aprenderon un montón de cousas nesta charla vanllelo explicar aos demais cursos.

 

E agora...

RECÍCLATE CON SOGAMA!

CONCURSO PILABOT

Boas rapaces e familias!

Como xa vos informamos antes do Nadal, dende o noso centro estamos participando no Concurso PILABOT que fomenta a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Todos os que teñades pilas ou acumuladores nas casas podedes traelos ó colexio dentro da caixa que vos enviamos, para logo xuntalas todas nos colectores habilitados para elo. Ditos colectores están situados no "RECANTO RECÍCLATE".

Xa sabedes que as podedes seguir traendo ata que se leve a cabo o pesado dos contedores (entre o 14 de xaneiro e o 11 de febreiro).

SEGUIDE RECICLANDO!

Grazas por participar!

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Bo día familias!

Como sabedes, durante este curso 2018- 2019 seguimos recollendo tapóns de botellas e briks para reciclar.

Todos os tapóns que traedes ó colexio recóllense nas caixas decoradas e habilitadas para elo no corredor traseiro do primeiro andar, concretamente, no Recanto Recíclate.

Unha vez rematado o curso chamaremos á Asociación Amigos de Galicia para que destinen o recollido a unha axuda social.

Seguide reciclando e colaborando!

Moitas grazas!

Recanto "RECÍCLATE", "PROXECTA RECÍCLATE CON SOGAMA" e "OBRADOIROS 3 ERRES"

Ola amig@s!

Aquí estamos de novo traballando duro dende o Equipo de Medio Ambiente.

Esta vez mostrámosvos o "RECANTO RECÍCLATE", situado no andar primeiro e no corredor traseiro, na cal participaron os nenos de 5 anos na decoración do mesmo.

Primeiro: limpamos e recollemos o que había nesa parte do corredor. 

Segundo: empapelamos a parede empregando papel de xornal.

E terceiro: colocamos os paneis informativos realizados polos mestres.

Tamén temos que salientar que este ano participamos no PROXECTA "RECÍCLATE CON SOGAMA", quenes nos enviaron as illas de reciclaxe que vedes na seguinte imaxe:

- un colector azul para papel e cartón,

- un colector amarelo para plásticos e latas,

- un colector verde para orgánicos.

Este ano non solicitamos un composteiro, porque como xa sabedes, dispoñemos de dous no horto escolar. En outra ocasión, recordaremos como temos que empregar o composteiro para ter un horto ecolóxico.

O RECANTO RECÍCLATE quedou chulo verdade?

 

Agora mesmo estamos traballando todos os grupos nos " OBRADOIROS  3 ERRES":

Os nenos de infantil pintaron a madeira  e decoraron as letras R, E e C.

Os nenos de primaria pintarán as letras Í, C, L, A, T e E.

Unha vez rematadas todas colocaremos o panel no recanto e mostrarémosvos o resultado.

Ata a próxima!

OS 3 ERRES

Este ano dende o Equipo de Medio Ambiente estamos traballando a fondo sobre SUSTENTABILIDADE e a RECICLAXE. Por iso elaboramos este cartel onde nos aclara fácil e visualmente a importancia dos chamados "3 ERRES": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

OLLO A ISTO:

PATRULLAS VERDES

Ola amig@s!

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio!

 

Parabéns!!!

Os nenos de 4 anos están dobremente de noraboa.

Hai uns días comunicávannos que o seu vídeo "Pizza Vegetal" foi seleccionado como 2º premio no concurso "Chefs Saudables", organizado pola Consellería de Sanidade dentro do Plan Xermola do Plan Proxecta.

Agora ademais, son os gañadores do concurso "Fai eco do lóxico" organizado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), dentro do Plan Proxecta "Aliméntate ben" cun vídeo sobre "O horto de Sabela".

 Parabéns!!!! Xa vedes que alimentarse ben sempre ten premio.

Sachiño!

Comezamos cos recreos activos "Os mércores con Sachiño".

O primeiro grupo de traballo puxo as botas e empezou a darlle duro ao noso horto!

Traballamos arreo pero pasámolo moi ben!!

 

Terceiro concurso familiar de reciclaxe 2015

Este curso o tema do noso concurso de reciclaxe foron os niños para paxaros. As familias, coma sempre, fixeron gala dunha imaxinación e creatividade incrible. No seguinte vídeos podedes ver todo o que traballaron.

Dende o centro temos que felicitalas, darlle as grazas e animalos a que sigan participando nos próximos cursos.

Se non podes ver o vídeo preme aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut