Skip to Content

Multimedia

Feliz verán!

Este era un ano de cine! Comezamos na alfombra vermella, e quen sabe como acabariamos!

Áinda que temos o listón moi alto, xa sabedes que a cabeciña non para é a nosa imaxinación non ten límite! 

Así, emulando a Braveheart queremos dicirlle ao Coronavirus: "pode que nos quites o festival, a excursión, a canción do verán... pero nunca nos quitarás a ilusión, o cariño, as ganas de facer cousas e de poñer un sorriso nas caras do noso alumnado"

Con este vídeo queremos despedirnos e desexarvos un verán estupendo. Gozade das cousas pequenas, da familia, do aire libre.... cargade as pilas e vémonos en setembro!

Despedida de 6º

Se alguén saíu prexudicado da situación que vivimos este curso é a promoción de 6º.

O alumnado non puido gozar de todas as actividades que poñen o broche de ouro ao seu paso polo cole:

- A excursión de fin de etapa, na que tan ben o pasan.

- O telexornal, do que son os principais protagonistas.

- O festival, no que son os presentadores/as.

Non podiamos deixar que marcharan sen máis. Así que, polo menos, gravaron este vídeo para lembrar a súa estadía no cole e despedirse de todos nós.

Desexamos que vos vaia moi ben no instituto e sabedes que as portas do "voso cole" están sempre abertas para que veñades a visitarnos,

Día do libro

Para celebrar este día tan importamte, os mestres e as mestras do cole quixemos facer algo especial. Decidimos achegarnos a vós aínda que fose a través dunha pantalla, contándovos unha fermosa historia que preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

Ademais, no blog da biblioteca, Sabela deixouvos algunhas actividades moi interesantes. Atrevédesvos con elas?

E lembrade que, agora máis que nunca,  a lectura é un gran remedio para o aburrimento.

Telexornal 2019

Un ano máis presentámosvos o Telexonal de Rubiáns, un resumo a modo de noticiero de todo o que pasa no cole durante o curso.

O alumnado de 6º é o encargado da súa elaboración, quedoulles moi chulo, non si?

Esperamos que vos guste!!

Contigo

Como cada ano por estas datas chega a canción do verán!

Nesta ocasión fixemos un repaso do máis representativo da nosa terra (lugares, gastronomía, música e lingua)

Tiñamos o listón moi alto despois dos éxitos dos veráns pasados (Que bonito é ser muller!, O Bosque de Sabela ou Coida o mar!  A máquina do tempo) pero a canción deste ano vai soar en todas as festas!

a

Move like the dinosaurs!

Aos nenos e nenas de 5 anos gustoulles tanto esta canción que non puidemos deixar pasar a ocasión de gravar o videoclip.

A calidade non é a que nos gustaría pero queremos compartilo con vós igualmente.

Videoclip "Concepción Arenal"

Os que nos seguides xa sabedes canto nos gusta facer versións de cancións e gravar "videoclips". Tamén sabedes que un dos alicerces do noso cole é a IGUALDADE (3 dos nosos proxectos foron premiados no concurso de Boas Prácticas na Escola "Igualdá" do Concello de Vilagarcía e 1 mereceu o Premio Nacional do Ministerio de Educación).

Nesta ocasión, o alumnado de infantil (5 anos) mesturou a igualdade co proxecto deste curso "Sabela coñece Galicia" e traduciu e versionou a canción sobre Concepción Arenal de "Los Lunis de Leyenda".

Tres alumnas de 6º puxeron as súas voces e o alumnado de 5 anos interprétaa con moita credibilidade, non vos parece?

Historia de Galicia en 10 minutos

O proxecto deste curso é "Sabela coñece Galicia" por iso cando atopamos o excelente vídeo "Historia de Galicia en 10 minutos", non podiamos deixar pasar a ocasión de usalo nas aulas.

Pero en Rubiáns, sempre vamos un paso máis alá. Así que pensamos...... e se o gravamos en galego??

E como non podía ser doutro xeito lanzámonos á aventura. Despois de pedir os correspondentes permisos a Carki Productions, puxémonos mans á obra!!

Este é o resultado. A nós gústanos moito, e a ti.... que che parece??

Graciñas a Carki Productions por permitirnos facer este traballo!

A máquina do tempo!

Tiñamos o listón moi alto despois dos éxitos dos veráns pasados (Que bonito é ser muller!, O Bosque de Sabela ou Coida o mar! ) pero volvémolo facer!

Este ano compuxemos "A máquina do tempo" unha pegañosa canción sobre a historia que vai camiño de converterse no novo hit do verán.

A orquestra Panorama está interesada en incluíla no seu repertorio e a vós, gústavos??

(se queres ver o vídeo en pantalla completa preme na palabra Vimeo)

Distribuir contido


by Dr. Radut