Skip to Content

PFPP sobre TEA na escola

SEXTA SESIÓN DO CURSO - LECTOESCRITURA EN ALUMNADO CON TEA

O pasado día 19 de febreiro contamos coa visita, de novo, de Eva Uceira Rey, que nos veu a falar acerca da lectoescritura no alumnado con TEA. 

Os temas que se trataron, entre outros, foros os seguintes:

  • ¿Por que ensinar lectoescritura?
  • As dificultades no aprendizaxe da lectoescritura.
  • Habilidades dos nenos e nenas con TEA na lectoescritura.
  • Etapas da lectura.
  • Principios xerais para a ensinanza da lectura.
  • Comprensión lectora. Factores que influén nas dificultades de comprensión.
  • Escritura e TEA.

Queremos das as grazas a Eva por todo o que aprendimos nesa tarde. Serviunos de gran axuda para mellorar a nosa práctica docente, en especial, co alumnado con TEA.

UNHA CANCIÓN SOBRE A HORTA CON PICTOS

E, se premedes na foto de embaixo, accederedes ao pdf da letra da canción con pictogramas.

QUINTA SESIÓN DO CURSO - APOIO CONDUCTUAL POSITIVO

O pasado luns 5 de febreiro tivemos segunda visita de Ana María Martínez Díez que acudiu a falarnos acerca do apoio conductual positivo, moi importante na intervención co alumnado con TEA.

Tratou os seguintes aspectos, entre outros:

  • Condutas problemáticas.
  • Factores desencadenantes máis comúns.
  • Obxectivos da intervención.
  • Control das crisis.
  • Apoio conductual positivo.
  • Plan de intervención.

Moitas grazas Ana pola túa intervención, serviunos de gran axuda para poñer canto antes en práctica no noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut