Skip to Content

PFPP sobre TEA na escola

CUARTA SESIÓN DO CURSO - ESCOLAS INCLUSIVAS

O pasado día 29 de xaneiro veu ao noso centro Saínza Ramos, pedagoga e logopeda, a falarnos acerca dos patios inclusivos.

  

Entre outros aspectos tratou os seguintes temas:

  • Que é o patio.
  • Como se comportan os nenos con TEA e por que.
  • Cal é a nosa meta no patio.
  • As características principais do xogo e como escoller o máis axeitado.
  • O clube dos cinco.

Pronto comezaremos a poñer en práctica todo o aprendido. Damos as grazas a Saínza por todo o que aprendimos con ela.

Moitas grazas!

A CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ 2018

Xa está dispoñible nos Rakontos a canción para o Día Escolar da Paz en a Non Violencia. Preme na imaxe.

Tamén temos a letra en pictogramas. Preme na imaxe.

AULAS DE PRIMARIA

Seguimos cos pictogramas que escollemos para as aulas de Educación Primaria. Igual que os de Infantil, fixémolos no programa Picto-selector cun tamaño de 5,5 cm co seu nome escrito debaixo da imaxe. Empregamos os pictogramas de Arasaac.

No arquivo adxunto tedes o PDF para descargar e aquí deixamos unha pequena mostra.

 

NORMAS DE AULA INFANTIL E PRIMARIA

Outro dos materiais que elaboramos foron as normas de aula.

A continuación podedes ver algunha das normas que se empregarán en Educación Infantil e Primaria, fixémolas tanto en galego coma en castelán, dependendo sempre das necesidades do noso alumnado empregaremos un ou outro idioma.

A idea é recortalas e pegalas con velcro nunha cartolina grande para pegar e despegar cando se precisen ou a medida que se vaian traballando.

Nos arquivos adxuntos podedes descargar os arquivos completos.

      

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut