Skip to Content

PFPP sobre TEA na escola

DEPENDENCIAS DO CENTRO

Comezamos a elaborar os pictogramas para a sinalización das dependencias do noso centro escolar.

Fixémolo co programa Pictoselector empregando pictogramas de Arasaac. O tamaño dos pictogramas é de 13 cm e o nome aparece debaixo do mesmo.

Colocámolos a uha distancia aproximada de 120 cm dende o chan para que sexa accesible para tódolos nenos e nenas.

Aquí podedes ver algún exemplo, e abaixo deixamos o arquivo para descargar con tódolos pictogramas das nosas dependencias.

BENVIDA CURSO 2017/2018

Este blog créase para dar visualización ao traballo que estamos facendo no Ceip Raquel Camacho, co fin de que poidan ser de axuda a outros Centros, profesionais ou persoas interesadas.

Neste curso 2017/18, O Proxecto de Formación Permanente do Profesorado do Ceip Raquel Camacho segue o itinerario de Atención á Diversidade con dúas liñas de formación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), un curso e un seminario de elaboración de materiais.

Dentro do curso os contidos a tratar son:

  1. O TEA en primeira persoa: características e bases neurolóxicas.
  2. Comunicación e linguaxe no alumnado con TEA.
  3. Adaptacións metodolóxicas na aula para o alumnado con TEA.
  4. Intervencións en lectoescritura en alumnado con TEA.
  5. Escolas inclusivas. Traballando as habilidades sociais do recreo á aula.
  6. Apoio conductual positivo: estratexias de intervención.

En canto ao seminario, os obxectivos serán elaborar material manipulativo para o alumnado con TEA ademais de incentivar a elaboración destes materiais mediante o grupo de traballo, compartindo diferentes experiencias docentes.

Comezaremos a elaborar os pictogramas para a sinalización dos distintos espazos do centro e da aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut