Skip to Content

PFPP sobre TEA na escola

TEA NA ESCOLA

 CONTINUAMOS TRABALLANDO

CURSO 2018/2019

Seguindo na liña do curso anterior o profesorado do CEIP Raquel Camacho continuamos traballando na adaptación do centro ás caracteristicas do noso alumnado.

 Neste curso 2018/2019 o Proxecto de Formación Permanente do Profesorado  continúa o itinerario de Atención á Diversidade con dúas liñas de formación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), un curso co cal completar a nosa formación e un seminario de elaboración de materiais.

Continuando na liña do curso anterior os contidos a tratar serán os seguintes:

1. Recursos para a prevención, detección, e xestión de problemas de conduta no alumnado TEA.

2.Dinamización do tempo de lecer do alumnado TEA "Patios Dinámicos".

3. Apoio conductual positivo:estratexias de intervención con alumnado TEA.

4. Escolas inclusivas.Traballo das habilidades sociais no tempo de lecer.

 

 No que se refire ao seminario de elaboración de materiais, o grupo de traballo continuará elaborando novo material manipulativo adaptado para as diferentes áreas curriculares así como unha serie de xogos cos cales dinamizaremos os nosos patios.

Resultado de imagen de pictograma saludar

 

AXENDA DIARIA

Hoxe compartimos a axenda que empregamos ao longo deste curso, pensada para fomentar a expresión oral e coordinación familia - escola. Con esta axenda o que se pretende e estruturar as actividades diarias así coma fomentar que o neno ou nena na casa conte o que fixo na escola.

Foi elaborada con pictogramas de ARASAAC.

No arquivo adxunto podedes ver a axenda completa.

A BRÉTEMA ADAPTADO AOS MÁIS PEQUENOS/AS

Para que sexa máis sinxelo lerlles o conto os nenos e nenas de Educación Infantil, aquí tendes unha versión que, tratando de conservar o texto orixinal, faino un chisco máis curto. Para descargar o texto en pdf preme aquí.

UNHA CANCIÓN PARA AS LL.GG.

 

Xa levamos un tempo quentando motores para as Letras Galegas. E agora toca cantar e bailar un pouco ao ritmo de Pablo Díaz: Queremos galego! Está no seu álbum Tic tac toc.

E aquí tendes o refrán (estribillo) da canción en pictos:

Distribuir contido


by Dr. Radut