Skip to Content

Curso 2018/19

SOLICITUDE BECAS ALUMNADO NEAE

Publicada no BOE (14/08/2018) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 27 de setembro de 2018

Máis información

E-DIXGAL e FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O CEIP Ramón Cabanillas figura na relación definitiva de Centros seleccionados para participar no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019 en 5º de primaria.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2018/2019 está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda solicitada para adquirir material escolar.

Polo tanto, non se precisa mercar ningún libro de texto ou de actividades  en 5º de primaria para o curso 2018/2019.

RECOLLIDA VALES

A partir do xoves, 5 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos.

MATERIAL INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2018/2019.

Entregarase no Centro o día 6 de setembro de 10 a 13h. nunha bolsa co nome do/a alumno/a e o curso.

BECAS COMEDOR, MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Publicación da convocatoria das becas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2018-2019

As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.(o prazo finaliza o 12 de xullo)

COMEDOR E MADRUGADORES

Achegamos información da páxina web do Concello:

Apertura dos prazos de matrícula nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil de primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2018-19.

Prazo de presentación:
Do día 1 ao 20 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos),

Distribuir contido


by Dr. Radut