ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Este curso escolar, desde o Equipo de Dinamización da Lingua, queremos propoñer unha actividade para seguir mellorando a aprendizaxe da nosa lingua.
So tes que buscar unha desas palabras que empregamos de xeito inadecuado e dicirnos cal é a súa forma correcta gravalo en formato vídeo e nós encargámonos de subilo.
Así, que anímate a facer o teu!!
Grazas. O Equipo de Dinamización da Lingua.
Nicolás, de 4ºB, presenta o "Xa o di Esther" máis enxebre do curso!
Noa, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre as palabras máis doces da nosa lingua!
Lola, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o verbo dicir. Un saúdo para Sira!
Irene, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre o uso de longo e largo.
Leo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a forma correcta de chamarlle aos goles.
Adrián, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre os xoguetes da praia.
Gala de Premios Dígocho Eu.
A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.
Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.
Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!
Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.
Estimadas familias,
A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.
Fai clic na imaxe para ver máis grande
É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.
Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.
O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.
Moitas grazas por participar.
Sabela, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a rapazada. Ollo que trae extras!
O alumnado de 1ºB presenta o seu Radio Furelo, que ten como motivo a estación que neste mes acaba de chegar: a primavera.
Por iso dámoslle a benvida cunha canción aproveitando que este curso 2022-2023 o tema central é a música. Esperamos que a disfrutedes!
Hugo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a petición dos "moteiros" á Real Academia Galega!
Alejandra, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre as cores do pelo.
María, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre as lentes.
Icía, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre como protexerse do sol na praia en galego!
Manuel, de 4ºB, aproveita ao final do Entroido para aclararnos as distintas formas de denominar esta celebración no seu "Xa o di ESther".
Daniel, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre palabras do Entroido.
Mateo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre estar despeitada ou despeitado.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer