ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Ola a todos e a todas! Aquí vos deixamos un resumo da celebración do Día das Letras Galegas 2023.
O pasado 16 de maio rematamos a mañá cunha romería tradicional, con baile a cargo do alumnado de 6º EP e da Agrupación Folclórica Colexiada do Sar.
Tivemos uns presentadores de excepción
Uns bailes de escándalo, 5º de EI e 6º de EP.
A unha amenización a cargo da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar na que participamos todas e todos con movementos singulares.
Grazas a todas e todos por colaborar e participar.
Grazas especiais á Agrupación Folclórica Colexiara do Sar.
Grazas á ANPA quen entregou os Premios adicados á Terra Nai (ver cuña aquí) (ver participacións e premiados aquí)
Un ano máis, a celebración das Letras Galegas foi un evento que contou coa singularidade da Agrupación folclórica Colexiata de Sar, que amenizou coa súa música e pequenos e maiores.
Contamos con presentadores de excepción
Actuacións de excepción
E a Agrupación folclórica da Colexiata do Sar.
Grazas por participar neste evento un ano máis.
Gala de Premios Dígocho Eu.
A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.
Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.
Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!
Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.
O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".
O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:
O primeiro,
desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.
O segundo,
realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...
Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.
Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.
Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.
Grazas a ANPA por propor esta actividade.
(Ver cuña aquí)
O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.
Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.
Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.
Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Estimadas familias,
A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.
Fai clic na imaxe para ver máis grande
É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.
Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.
O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.
Moitas grazas por participar.
Estimadas familias do CEIP Ramón Cabanillas.
Queremos agradecer toda vosa colaboración nesta celebración: na elaboración dos traxes, no respecto á comitiva durante o paseo polas rúas.
Queremos agradecer tamén á Protección Civil de Santiago de Compostela pola súa colaboración para cortar o tráfico durante a hora que durou o paseo.
Sentímonos afortunadas e afortunados de formar porte da Comunidade Educativa do Ramón Cabanillas.
Grazas tamén a todo o profesorado e o equipo de Extraescolares,
Feliz entroido e descanso,
Por fin podemos gozar do pasarrúas de antano!!!
Despois de varios días comandadas e comandados polo noso MECO... e tendo en conta que aínda nos quedan un par de días para troulear entre materia e materia...
Este venres ás 11.30h, se podes non o deixes pasar!!!
Neste mapa podes consultar o percorrido que fará o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria o venres 17/02 a partir das 11:30h.
Acompáñanos ao longo do percorrido, formando ringleiras para animar e desfrutar deste ratiño cos teus cativos e cativas!!!
Fai clic na imaxe para ampliar.
Feliz entroido familias!
Graciñas!
Equipo de Extraescolares
Hoxe celebramos a Paz.
Decoramos o centro, colaboramos escribindo PAZ en varios idiomas, participamos pintándonos bandeiras na cara, puidemos ver o traxe de Polonia que levaba Issabela, cantamos e interpretamos en lingua de signos dúas fermosas cancións.
Pincha na imaxe
Guadi Galego - Chea de vida - vídeo de AZ lingua de signos- Michael Jackson - We are the world
O día 11 de novembro día de San Martiño o CEIP Ramón Cabanillas celebrou o magosto. Leváronse a cabo xogos populares, nos que ademáis da colaboración do profesorado e alumnado, tivemos tamén a axuda do profesorado de prácticas e o alumnado de sexto de Educación Primaria. Tamén queremos agradecer a colaboración da ANPA xa que asaron as castañas para a súa degustación. Foi un día de diversión e aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día.
Convídase ás/aos nais/pais/titores e titoras legais que así o desexen a participar como membros electos do Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas, que debe proceder á renovación parcial dos seus membros, segundoa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Para participar nesta elección deben cumprimentar o documento anexo e entregalo antes do peche do centro educativo o día 15 de novembro de 2022.
Poden facelo en persoa, na conserxería do centro en horario de 9 a 14h ou de 16.30 a 18.30h ou envialo ao correo do centro: ceip.ramon.cabanillas@edu.xunta.gal á atención da dirección do centro.
Grazas por participar neste órgano tan importante para o adecuado funcionamento do centro educativo.
O 11 de novembro de 2022 tivo lugar o magosto no CEIP Ramón cabanillas.
O alumnado de 6º desenvolveu actividades de monitor/a nas que colaboraron e contribuiron a que o resto de alumnos/as gozaran dunha xornada de xogos populares. Estes xogos foron preparados nos días anteriores coa colaboración do profesorado de Educación Física.
As familias, a través da ANPA, colaboraron no tradicional asado de castañas.
Agradecemos a colaboración de todo o profesorado no desenvolvemento desta actividade tan especial de convivencia escolar.
PINCHA NA IMAXE PRA VER A GALERÍA DE FOTOS
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer