Novas

BECAS NEAE 2023/2024

Publicada no BOE a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Máis información

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicaranse despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Prazo de presentación: 8 de maio ao 20 de setembro, inclusive.

Convocatoria-NEAE-curso-2023_2024.pdf

certificado comedor escolar.pdf

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2023/2024

Todas as solicitudes entregadas no noso centro onde hai vacantes foron ADMITIDAS.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 26
4 ANOS 6 1
5 ANOS 15 1

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 8** 1
0 -
0 1
0 -
1 -
18 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2023

Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

DO 1 AO 20

DE MARZO

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2023

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES 

CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

O 25 DE ABRIL

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES) Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

O 15 DE MAIO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
 
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

Publicado o calendario escolar 23-24 (ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria (Art.5) realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

Establécese que o período de adaptación para o 4º curso de infantil (3 anos) será do 11 ao 15 de setembro de 2023.

Os períodos de vacacións escolares serán os seguintes:

- Día do Ensino: o día 7 de decembro de 2023.

- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024.

- Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

- Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024.

Datas de avaliación inicial e final:

Avaliacións iniciais (art.9): data límite o 18 de outubro de 2023.

Avaliacións finais (art.12.1.c): A sesión de avaliación final da educación infantil e da educación primaria deberán realizarse a partir do día 21 de xuño de 2024.

Os comedores esoclares funcionarán desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

Publicado o calendario escolar 23-24 (ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia)

O inicio do período lectivo vai desde o 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

Establécese o período de adaptación para o 4º curso de infantil (3 anos) será do 11 ao 15 de setembro.

As avaliacións finais de EI e EP realizaranse a partir do 21 de xuño de 2024.

Períodos vacacionais (non lectivos):

- Día do Ensino, o 7 de decembro de 2023.

- Nadal, desde o 22 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024.

- Entroido, os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

- Semana Santa, desde o 25 de marzo ao 1 de abril de 2024.

 

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!

COMEZAMOS UNHA SEMANA DE LECTURA!!!

Podedes ampliar a información clicando no enlace ao blog da biblioteca.

Biblio Furelo: Semana do Libro 2023: As Familias tamén contan! (furelole.blogspot.com)

FOLGA DE TRANSPOTE DÍA 31

O VINDEIRO VENRES 31 DE MARZO, ESTÁ CONVOCADA UNHA FOLGA DE TRANSPORTE, QUE PODE ALTERAR O SERVICIO DE AUTOBÚS.

Por fin podemos gozar do Entroido no barrio!!!

Por fin podemos gozar do pasarrúas de antano!!!

Despois de varios días comandadas e comandados polo noso MECO... e tendo en conta que aínda nos quedan un par de días para troulear entre materia e materia...

Este venres ás 11.30h, se podes non o deixes pasar!!!

Neste mapa podes consultar o percorrido que fará o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria o venres 17/02 a partir das 11:30h.

Acompáñanos ao longo do percorrido, formando ringleiras para animar e desfrutar deste ratiño cos teus cativos e cativas!!!

Fai clic na imaxe para ampliar.

 

Feliz entroido familias!

Graciñas!

Equipo de Extraescolares

Xornada de portas ABERTAS para o curso 2023/24, alumnado novo

Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado.

O próximo XOVES día 23 de febreiro de 2023, ÁS 16:30, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.

Mentras poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:

                                  

(Vídeo creado en marzo de 2021)

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

Renovación parcial do Consello Escolar 2022

Estimadas familias,

Estades chamadas á votación pola/o vosa/o representante no Consello Escolar.

Esta votación realizarase no centro o día 29 de novembro de 8.30h a 9.30h.

A túa participación e moi importante. Poden votar a nai e pai (titor e titora legal) da/o alumnado matriculado no centro, así establecidos no censo pola Xunta Electoral.

O funcionamento adecuado do centro educativo ao que asiste o/a teu/túa fillo/a depende do bo funcionamento do Consello Escolar.

 

AMPLIACIÓN DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

A consecuencia da publicación da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Os beneficiarios do vale por valor de 50€ poderán achegarse a recoller o vale adicional entre as 9:00 e as 14:00.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

A atención ao público establécese previa citación, preferentemente no horario indicado a continuación, segundo o caso.

O horario de atención a familias por parte de calquera membro do profesorado do centro establécese, con carácter xeral, nas titorías: os martes de 17.30 ás 18.30 h.

Con carácter excepcional e debidamente xustificado, poderase establecer outro horario de atención, previa autorización da dirección do centro (e comunicado á Xefatura de Estudos) sempre que non interfira no normal desenvolvemento das actividades lectivas e/ou reunións establecidas polo claustro docente.

A administración, dirección, xefatura de estudos e xefatura do DO ten o seguinte horario:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

  XOVES

VENRES

Administración

9 a 14 h

Dirección

9.10 a 11.40

10.05 a 10.50

9.10 a 9.55

9.10 a 10.50

Xefatura de estudos

13.05 a 13.50

 

 

12.15 a 13.05

 

Xefatura do Departamento de Orientación

13.05 a 14

Secretaría

10.50 a 11.40

 

9.55-10.50

 

10.50 a 11.40

Titorías e profesorado especialista

 

17.30 a 18.30

 

 

 

 

 

 

 

HORARIO DO CENTRO

A xornada escolar ou lectiva é de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.

 O centro permanece aberto dende as 7:30 ás 18:30 h de luns a venres. Os martes está aberto ata as 19:00 h., establecéndose, con carácter xeral esta tarde da semana para reunións, coordinacións e dinamizacións do profesorado.

O centro educativo conta con servizo de Madrugadores, que ten un horario de 7:30 a 9:00 h. de luns a venres. Este servizo é xestionado polo Concello de Santiago de Compostela na modalidade de concesión a unha empresa de restauración.

O centro educativo conta con servizo de Xantar de 14:00 a 16:30 h. de luns a venres, distribuído en tempo de xantar e tempo de lecer. Este servizo é xestionado polo Concello de Santiago de Compostela na modalidade de concesión a unha empresa de restauración.

O centro conta con Actividades extraescolares e servizo de Ludoteca, desenvolvidas de 16:30 a 18:30 h. de luns a venres. Este servizo é xestionado pola ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas.

O servizo de madrugadores, xantar e actividades extraescolares empregan a planta baixa do edificio (ximnasio, espazo específico de comedor, aula de música e biblioteca, os espazos verdes e patios semicubertos do centro educativo da planta baixa. O acceso a estes servizos realízase polo portalón do patio de columnas (onde está o mural conmemorativo á figura de D. Ramón Cabanillas realizado polo pintor Leandro Lamas).

A ANPA realiza algunhas actividades extraescolares en pavillóns da zona autorizados pola Concellería de deportes e benestar animal do Concello: O Restollal e Pontepedriña.

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30 
4 ANOS MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
5 ANOS MARTES, 27 DE SETEMBRO 17:30 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO
17:30
2ºA/B MARTES, 27 DE SETEMBRO 18:00
3ºA/B  MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B MARTES, 11 DE OUTUBRO 17:30
5ºA/B/C MARTES, 4 DE OUTUBRO 17:30 
6ºA/B MARTES, 18 DE OUTUBRO 17:30 

Colecamiños Curso 2022-2023

Estimadas familias,

PULSERAS COLECAMIÑOS: Coa intención de complementar e incentivar a iniciativa municipal dos camiños Escolares Seguros, “Colecamiños” o Concello de Santiago, por iniciativa do departamento de Educación Viaria de Policía Local pon en marcha unha aplicación informática pola cal, os pais ou titores dos nenos reciben unha mensaxe no teléfono móvil que lles avisa da chegada do menor o colexio.

Ós escolares participantes no proxecto fáiselle entrega dunha pulseira, que o alumno pasará por un lector instalado no interior do colexio chegándolle unha mensaxe o teléfono facilitado a tal efecto polo responsable do menor.