ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Un ano máis, a celebración das Letras Galegas foi un evento que contou coa singularidade da Agrupación folclórica Colexiata de Sar, que amenizou coa súa música e pequenos e maiores.
Contamos con presentadores de excepción
Actuacións de excepción
E a Agrupación folclórica da Colexiata do Sar.
Grazas por participar neste evento un ano máis.
O 11 de novembro de 2022 tivo lugar o magosto no CEIP Ramón cabanillas.
O alumnado de 6º desenvolveu actividades de monitor/a nas que colaboraron e contribuiron a que o resto de alumnos/as gozaran dunha xornada de xogos populares. Estes xogos foron preparados nos días anteriores coa colaboración do profesorado de Educación Física.
As familias, a través da ANPA, colaboraron no tradicional asado de castañas.
Agradecemos a colaboración de todo o profesorado no desenvolvemento desta actividade tan especial de convivencia escolar.
PINCHA NA IMAXE PRA VER A GALERÍA DE FOTOS
Castañas asadas pola ANPA das Brañas
Despois dun ano difícil, dun ano complexo no que non puidemos celebrar este evento…, o CEIP Ramón Cabanillas recupera o sorriso cun MAGOSTO colaborativo.
Cun sorriso compartido.
Un sorriso que vale máis que 1.000 palabras
1) A ANPA “As Brañas” (pais e nais voluntarios) trouxo castañas que asaron nas grellas cedidas xentilmente pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, durante toda a mañá.
GRAZAS!!!
2) O profesorado fixo unha organización de clases especial e preparou recursos específicos inclusivos, para celebrar todas e todos, con xogos populares este evento. Os nosos coidadores, a nosa conserxe e o persoal traballador do centro (limpeza e administración) fixeron da mañá un lugar seguro no que estar.
GRAZAS!!!
3) E que dicir do alumnado do CEIP Ramón Cabanillas?
Os grupos de sexto, unidos pero non revoltos (a COVID aínda non nos deixa), colaboraron guiando por quendas ao resto dos grupos do cole (cuxo comportamento foi fenomenal!) no desenvolvemento das actividades realizadas no exterior (xogos e degustación de castañas). Isto foi posible grazas ao labor organizativo e de preparación dos docentes de educación física.
Colaboradoras/es de 6ºA
Colaboradoras/es de 6ºB
GRAZAS!!!
Xuntas/os facemos da aprendizaxe un proceso de equipo, de sociedade, no que todas/os participamos: CONVIVIMOS.
Grazas a toda a Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas e Feliz Magosto!!!
Algúns dos pais e nais voluntarios da ANPA As Brañas
MÁIS ACTIVIDADES (VIDEOS):
XOGOS NO PATIO | MÁIS XOGOS NO PATIO | O CORRO DA PATACA |
|
|
MÁIS XOGOS NO PATIO |
ANTES DE IR DE EXCURSIÓN. QUÉ DIVERTIDO XOGAR ÁS PALMAS!! |
Non te quedes aí, ven xogar! from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.
A pelota salta e bota Se reventa teño outra. Pola mañá cedo, Erguinme, laveime, peiteime, Saín ao xardín, Collín unha flor, Desfolleina así E metina no mandil. |
Pódese xogar en parella ou con máis nenas/os, dependendo da destreza, ou mesmo so,... contra a parede. |
Xogos con pelota from CEIP Ramón Cabanillas on Vimeo.