ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
CIRCULAR INFORMATIVA PARA A SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/2024
O alumnado matriculado actualmente no centro e que non o fixese ou que este curso non empregara o servizo de transporte e o necesite o vindeiro curso, debe manifestar expresamente mediante escrito, indicando o nome da parada, dirixido á dirección do centro a necesidade de utilizar o servizo de transporte escolar.
Lembren que:
Non terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que solicite e obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponde por zona de influencia (Excepcionalmente terán dereito irmás e irmáns do alumnado xa escolarizado con carácter forzoso). Artigo 6 Orde 12 de marzo de 2013
Terá dereito ao servizo de transporte o alumnado que teña o seu domicilio a unha distancia do centro superior aos 2 Km. Decreto 203/1986
As solicitudes de uso excepcional realizaranse anualmente a través de dirección e, de ser concedidas, serán para cada curso escolar, sempre que non sexa preciso asignar as prazas ao novo alumnado con dereito preferente. O feito de obter praza non lle outorga ao beneficiario dereito ningún no futuro.
Presentar en secretaría o anexo correspondente antes do 7 de xullo.
RUTA DE ANGROIS:.....................VER MAPA
RUTA DE PONTEPEDRIÑA:............ VER MAPA
RUTA DE SAR:............................ VER MAPA
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2023/24. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
Publicada no BOE o 26 de abril a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Poderán solicitar esta axuda o alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de:
- Discapacidade
- Transtorno grave de conducta o de comunicación e da linguaxe.
- Transtorno do espectro autista.
- Altas capacidades.
Prazo de presentación: 8 de maio ao 20 de setembro, inclusive.
O alumnado de 3 anos A presenta o seu Radio Furelo sobre o medio ambiente.
O alumnado de 4 anos B presentan...
O moito que aprendemos co conto: Os catro cerebros de Arantxa
Leo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a forma correcta de chamarlle aos goles.
O alumnado de 4 anos A presenta o seu Radio Furelo "Viaxando".
Adrián, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre os xoguetes da praia.
Ola a todos e a todas! Aquí vos deixamos un resumo da celebración do Día das Letras Galegas 2023.
O pasado 16 de maio rematamos a mañá cunha romería tradicional, con baile a cargo do alumnado de 6º EP e da Agrupación Folclórica Colexiada do Sar.
Tivemos uns presentadores de excepción
Uns bailes de escándalo, 5º de EI e 6º de EP.
A unha amenización a cargo da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar na que participamos todas e todos con movementos singulares.
Grazas a todas e todos por colaborar e participar.
Grazas especiais á Agrupación Folclórica Colexiara do Sar.
Grazas á ANPA quen entregou os Premios adicados á Terra Nai (ver cuña aquí) (ver participacións e premiados aquí)
Gala de Premios Dígocho Eu.
A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.
Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.
Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!
Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.
O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".
O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:
O primeiro,
desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.
O segundo,
realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...
Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.
Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.
Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.
Grazas a ANPA por propor esta actividade.
(Ver cuña aquí)
O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.
Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.
Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.
Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer