Actividades

FESTA FIN DE CURSO ANPA

O 22 de xuño ás 16:30 a ANPA vai celebrar no Centro unha festa merenda para todas as nenas e todos os nenos do Cole, que en todo caso deberán vir acompañados dun adulto responsable.

Na merenda cada familia poderá traer a comida que prefira, a bebida será aportada pola ANPA.

PLANTACIÓN

Xornada de plantación no horto escolar das Brañas de Sar organizada pola ANPA.

O alumnado de 5º de primaria plantou ceboliño, cilantro, romeu, tomiño, perifollo, albáfega, ourego, salvia e outras aromáticas, foi  acompañada dunha explicación de cada unha delas.

ENCONTRO

Organizado pola ANPA estase levando a cabo un encontro sobre habilidades sociais, impartido polo pedagogo Ramón Molina, celébrase os días 3 e 10 de maio na biblioteca do Centro

Máis información

PLANTACIÓN ED. INFANTIL

Agradecemos unha vez máis a colaboración da nais e pais na continuación da plantación realizada no Cole, agora co alumnado de Educación Infantil.

PLANTACIÓN

A proposta da ANPA realizouse unha plantación de érbedos, loureiros e viburnum no patio do Colexio. Pola tarde un grupo numeroso de pais/nais completaron as tarefas que non poideron rematar pola mañá os cativos/as.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer