Skip to Content

Colecamiños

COLECAMIÑOS. CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Un curso máis temos a oportunidade de poder seguir co programa COLECAMIÑOS adxuntamos a información sobre este programa.

Un saúdo.

 

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

NOVIDADES COLECAMIÑOS

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración co comercio de Compostela quere reforzar a participación no programa Colecamiños - Camiño Escolar Seguro e premiar os escolares que realicen unha mobilidade responsable e sustentable para acudir cada día con Moito Olliño aos seus respectivos centros escolares. 

O Concello entregará unha pulseira que haberá que pasala polo punto de control do Colexio para enviar unha mensaxe ás familias conforme se chegou ao Centro e gañar un punto, cos puntos acumulados canxeas agasallos.

Para recibir a pulseira é preciso rexistrarse na web  colecaminos.santiagodecompostela.gal

Aviso do Concello: A app WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal solo reconoce un responsable por menor. As familias están inscribindo por duplicado aos seus fillos.  
De todos xeitos, si algunha familia en concreto ten dificultades coas custodias dos seus fillos, que no lo faga saber para aportarlle unha solución tecnolóxica co administrador web .

INICIO COLECAMIÑOS

 Este venres, dia 22 de setembro de 2017, iniciase o “COLECAMIÑOS PARA O CEIP RAMÓN CABANILLAS”, por tres camiños seguros a pé para o alumnado. 

A Policía Local de Santiago nos acompañará e guiará polas rutas sinalizadas, para o cal nos atoparemos con eles nos puntos de encontro (inicio) de cada unha das rutas ás 8:45 da mañá.

Máis información

INSCRICIÓN RUTAS COLECAMIÑOS

         Ficha de inscrición nas rutas de colecamiños para o curso 2017/18 (Envíase tamén ás familias)

 O proxecto plantéxase para escolares de 3º curso en adiante, polo que sería convinte a inscrición desde o alumnado que remata 2º curso, xa que daría comezo no vindeiro curso. Tamén  hai pais e nais interesados en formar parte dos pecorridos acompañando a seus fillos e fillas de menos idade. 

Por parte da Policía Local, a comezos do próximo curso:

     Impartiranse charlas informativas e de formación en estratexias de uso seguro e responsable das vías públicas nas aulas, dos cursos de 3º en adiante. Durante horario lectivo. 

     Na mesma xornada, posta en práctica con saídas pola rutas que se poñan en marcha.

     Presenza nas rutas as primeiras semanas de activación para reforzo.

Achegamos un folleto explicativo para as familias que non poideron estar presentes na xuntanza do pasado 16 de maio.           

FOLLETO EXPLICATIVO COLECAMIÑOS

COLECAMIÑOS

O martes 16 de maio, ás 19h, haberá unha xuntanza na biblioteca do Centro coa asociación veciñal, policía e representantes de pais/nais que promoven a iniciativa do colecamiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut