ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Adrián, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre os xoguetes da praia.
Ola a todos e a todas! Aquí vos deixamos un resumo da celebración do Día das Letras Galegas 2023.
Gala de Premios Dígocho Eu.
A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.
Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.
Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!
Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.
O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".
O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:
O primeiro,
desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.
O segundo,
realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...
Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.
Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.
Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.
Grazas a ANPA por propor esta actividade.
(Ver cuña aquí)
O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.
Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.
Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.
Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Actividade resumo da Semana do Libro realizada no CEIP Ramón Cabanillas coa colaboración da familia. Clica na imaxe.
Estimadas familias,
A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.
Fai clic na imaxe para ver máis grande
É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.
Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.
O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.
Moitas grazas por participar.
O venres 5 de maio, o alumnado do 1º ciclo de educación primaria puido gozar dunha sesión de contacontos na biblioteca escolar. O conto elixido foi "Axente riciños. Misión Princesa" da editorial Anaya.
A protagonista desta historia é unha axente da policía que ten que resolver o misterio das princesas desaparecidas da Fraga. Sen dúbida, trátase dun obra narrativa que racha cos estereotipos dos contos clásicos e reinventa o modelo de personaxes femininas.
Unha iniciativa que contribúe a formar pequenos e grandes lectores!
O alumnado de 5 anos B presenta o seu Radio Furelo sobre a semana do libro!
Chegou ao seu fin a "Semana do Libro, unha semana chea de emocións, de disfrute de experiencias...onde cada un e cada unha de nós, grandes e pequenos/as, vivimos un novo xeito de disfrutar dos contos grazas a vosa colaboración e bo facer.
Moitas grazas e esperámosvos pronto!
Con eles e con elas rematamos a Semana do Libro do CEIP Ramón Cabanillas.
A semana do libro vai chegando ao seu fin. De novo mostrar o noso agradecemento pola vosa participación nesta iniciativa.
Outro día esperando aos nosos e nosas contacontos, outro día de disfrute da lectura.
Co motivo da semana do libro o alumnado de sexto A e sexto B tiveron a ocasión de compartir un tempo co escritor Anxo Fariña.
Outro día máis esperando os novos contos que nos van contar as famiias. A verdade é que o fan tan ben, deixáronnos impresionados/as. Aquí a mostra.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer