ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Gala de Premios Dígocho Eu.
A Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas está de noraboa.
Obtivemos o 1º premio de Educación Primaria na 2ª edición do Dígocho Eu.
Grazas ao alumnado e ás familias da comunidade educativa por ternos acompañado neste día!
Este é un aliciente para seguir coa nosa fala polo mundo adiante e se é coa nosa música mellor que mellor.
O mercado de intercambio de libros en galego é unha homenaxe a Francisto Fernández del Riego, quen crea o Día das Letras Galegas como "xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros".
O mercado de intercambio de libros proposto pola ANPA As Brañas, ademais, supuxo un reto superado en dous aspectos:
O primeiro,
desenvolver no alumnado a economía circular: contribuíndo co coidado do noso Planeta, a través da reutilización dun dos recursos máis prezados que o ser humano creou, o libro, como contenedor de coñecemento.
O segundo,
realizar unha análise dos libros en galego que temos na casa. Comprobamos que non son moitos, e que, moitos, son indicados desde o centro educativo...
Grazas a todas e todos os que participastes e agardamos que os "novos" libros que chegaron ás casas sexan verdadeiramente interesantes.
Grazas a ANPA As Brañas pola colaboración e desenvolvemento desta actividade.
Hoxe o alumnado de 3 e 5 anos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria tiveron un contacontos para promover a linguaxe de signos e , 3º e 5º de Educación Primaria tiveron unha sesión de sensibilización a linguaxe de signos.
Grazas a ANPA por propor esta actividade.
(Ver cuña aquí)
O pasado 22 de abril celebramos o día da Nai Terra, e a ANPA As Brañas propuxo unha interesante campaña de concienciación do coidado da nosa escola.
Aquí as participacións e os premiados (fai clic na imaxe para ir ao video). Os premiados están a partires do minuto 3:12.
Moitas grazas pola iniciativa, pola participación e pola implicación.
Os premios entregaranse o 16 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Estimadas familias,
A ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas anima a participar no Día das Letras Galegas de 2023 cunha interesante proposta que vai na liña de desenvolver unha economía circular e sostible.
Fai clic na imaxe para ver máis grande
É unha iniciativa similar á que se desenvolveu na Semana do Libro por parte da Biblioteca, pero esta vez, a lingua do material bibliográfico debe estar en galego.
Os participantes recibirán un vale que poderán trocar por un libro que atopen na Biblioteca (dos que participen) que lle poida interesar. Neste caso non hai que envolvelo e a única condición é que estea en bo estado e sexa en lingua galega.
O día 10 de maio é a data liimite para poder traelo.
Moitas grazas por participar.
Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado.
O próximo XOVES día 23 de febreiro de 2023, ÁS 16:30, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.
Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.
Mentras poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:
(Vídeo creado en marzo de 2021)
No verán a HORTA ESCOLAR non para. Grazas a colaboración de Luz Eyo (Hortalíza-T) convidamos a todas as familias que o desexen a disfrutar da horta, colaborar no seu mantenemento e recoller os froitos ben merecidos, despois de xornadas de traballo colaborativo.
Grazas por formar parte!
Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado (do 1 ao 21 de marzo).
O próximo VENRES DÍA 25 de febreiro de 2022, pola tarde, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.
Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.
As/Os interesadas/os deben contactar co centro para concertar un horario, xa que o aforo dos grupos é reducido pola situación de pandemia que vivimos. Neste sentido, só se permitirá a entrada a un membro da familia da alumna ou alumno que concertara cita.
Para concretar a hora do grupo no que desexen asistir deben chamar ao teléfono do centro: 881867921
Se o prefiren poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:
(Vídeo creado en marzo de 2021)
Moitas grazas,
O equipo directivo
Pode consultar todo o relativo á admisión na seguinte páxina da xunta.
Inicio do procedemento de admisión 2022/2023
E descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.
Desde o CEIP Ramón Cabanillas, facemos eco deste evento: Día Internacional da Lingua Materna
Este ano, a Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Lingua Materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos.
As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.
Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego.É un acto de entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo e, por tanto, aberto a todos os nenos e nenas que desexen asistir e ás persoas acompañantes.
Actividade organizada pola Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización LingüísticaSecretaría Xeral de Política LingüísticaConsellería de Cultura, Eudación e Universidade
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer