NOVIDADES COLECAMIÑOS

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración co comercio de Compostela quere reforzar a participación no programa Colecamiños - Camiño Escolar Seguro e premiar os escolares que realicen unha mobilidade responsable e sustentable para acudir cada día con Moito Olliño aos seus respectivos centros escolares. 

O Concello entregará unha pulseira que haberá que pasala polo punto de control do Colexio para enviar unha mensaxe ás familias conforme se chegou ao Centro e gañar un punto, cos puntos acumulados canxeas agasallos.

Para recibir a pulseira é preciso rexistrarse na web  colecaminos.santiagodecompostela.gal

Aviso do Concello: A app WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal solo reconoce un responsable por menor. As familias están inscribindo por duplicado aos seus fillos.  
De todos xeitos, si algunha familia en concreto ten dificultades coas custodias dos seus fillos, que no lo faga saber para aportarlle unha solución tecnolóxica co administrador web .

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer