Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:
Inicio do procedemento de admisión 2023/2024
Todas as solicitudes entregadas no noso centro onde hai vacantes foron ADMITIDAS.
VACANTES
PRAZAS | SOLICITUDES ENTREGADAS | |
3 ANOS | 50* | 26 |
4 ANOS | 6 | 1 |
5 ANOS | 15 | 1 |
PRAZAS | SOLICITUDES ENTREGADAS | ||
E. PRIMARIA | 1º | 8** | 1 |
2º | 0 | - | |
3º | 0 | 1 | |
4º | 0 | - | |
5º | 1 | - | |
6º | 18 | - |
*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae).
CALENDARIO
ANTES DO 1 DE MARZO |
RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2023 Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100). |
ANTES DO 1 DE MARZO |
PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES |
DO 1 AO 20 DE MARZO |
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado SOLICITUDES Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2023 a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis. As persoas solicitantes poderán: - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II). - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. |
10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
|
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación. Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar. |
O 25 DE ABRIL
|
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES) Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo. |
O 15 DE MAIO |
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo. |
DO 20 AO 30 DE XUÑO |
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA |
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DECRETO 13_2022 DE ADMISIÓN ALUMNADO.pdf | 704.92 KB |
ORDE do 21 de outubro de 2022.pdf | 1.6 MB |
resolucion_resultado_sorteo_admision_2023_24.pdf | 224.17 KB |
Criterios de baremación.pdf | 46.59 KB |
ED550B-G.pdf | 1.38 MB |
ED550B-C.pdf | 1.38 MB |