ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
As titoras de 6º faranlles entrega dos historiais académicos de educación primaria o día 28 de xuño en horario de 10 a 12. Os pais/nais, titores/as legais que non poidan vir ese día poderán recoller dita documentación en secretaría en horario de 9 a 14.
Obras de teatro dos nenos e nenas de Atención Educativa.
5 ANOS A (A GALIÑA ROXA) | 5 ANOS B (CORRE,CORRE CABACIÑA) |
Intercambio cultural co Brasil. O pasado 9 de xuño tivemos a oportunidade de realizar un intercambio cultural con alumnado do estado de Paraná (Brasil). Compartimos cancións, bailes, experiencias e unha lingua moi parecida. foi unha actividade moi enriquecedora que agardamos repetir noutras ocasións!
Hoxe como broche final despois de traballar durante todo o curso dentro do proxecto NamorARTE, tivemos unha charla por videoconferencia coa pintora Marta Cabaleiro. Os nen@s de terceiro charlamos con ela sobre o traballo e as súas obras. foi moi interesante e motivador e, dende o Centro, queremos agradecerlle a súa implicación co alumnado.
Alumnos e alumnas de 2º, 5º e 6º de EP participaron no concurso organizado pola ANPA para promover o respecto e a convivencia. Neste vídeo podedes ver unha mostra das "Frases pola convivencia" realizadas.
Na aula de 4 anos B sentímonos orgullosos/as da nosa terra, da nosa lingua, da nosa xente, da nosa cultura, do noso "Bo Camiño"
Emisión do 7 de xuño: "O que máis me gusta facer no Cole", por 4º de infantil B.
Atención ás familias participantes no Proxecto ELISA!
A segunda etapa do ELISA está en marcha, e require da vosa colaboración:
O equipo ELISA préganos seguir participando cubrindo o cuestionario que se atopa en: https://underisk.gal/t/elisa/gal/test
As familias participantes reciben instrucións específicas por e-mail.
Pode acceder a toda a información sobre o proxecto vía facebook: www.facebook.com/proxectoELISA/
As nenas e nenos de 5ºA estudan o relevo de Galiza a través dunha canción. Cada quen escolle o ritmo ou música de fondo para cantala, aquí tedes un exemplo:
E aquí podedes escoitar unha recopilación das distintas cancións:
Os pareados da semana das Letras Galegas. Por 4º de infantil A.