Skip to Content

Curso 2011/12

ÉXITO DO ALUMNADO DO RAMÓN CABANILLAS NO CERTAME "UN MUNDO DE COR", ORGANIZADO POLA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN

 

Entrega de premios da 2ª edición do concurso “Un mundo de cor”

Xov, 19/07/2012 - 13:17

A sede do Consello Escolar de Galicia foi o escenario da entrega dos nove premios correspondentes á II edición do concurso “Un mundo de cor”.
O acto  foi presidido polo subdirector xeral de Inmigración e Retorno, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, acompañado do subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Vila López.

As gañadoras foron:

Primeira Categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria):

  • 1º premio: Shital González, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 2º premio: Lucía Fernández, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 3º premio: Alicia Mialache, do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense.

Segunda Categoría (alumnado de 4º a 6º de Primaria):

  • 1º premio: Paula Noya Mourullo, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 2º premio: Helena Fajín Riveiro, do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

  • 3º premio: Yiling Liu do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago.

Terceira Categoría (alumnado da ESO):

  • 1º premio: Nuria Gómez Pérez, do CPI Covaterreña de Baiona.

  • 2º premio: Mariya Ilieva Palikarska, do IES Carlos Casares de Vigo.

  • 3º premio: Laura Vidales Fernández, do CPI Covaterreña de Baiona.

Enlace coa web da Secretaría Xeral de Emigración, para ampliar nova.


CALENDARIO ESCOLAR 2012/2013

 

Publicado no DOG (22/06/12) o calendario escolar para o próximo ano académico.

 

 


MAXIA

 

O último día de curso o mago Richard (pai dun dos alumnos de cinco anos) ofreceu unha divertida función de maxia para o alumnado de infantil. Aquí tedes unhas fotos de mostra da súa actuación, así como un video cun dos seus números.

 


TRABALLOS 6º

 

Aquí están as fotografías dos traballos realizados polo alumnado de sexto durante este curso na área de Coñecemento do Medio.

No video adxunto tamén podedes ver como funcionan algúns deles.

 


REVISTA ESCOLAR

Xa saiu  o último número de FURELO, adicada ás nosas árbores.

A revista do CEIP Ramón Cabanillas, que xa tedes nas vosas casas, tamén podedes ollala en formato dixital.

Fai clic na imaxe.

 


BECAS COMEDOR

AVISO IMPORTANTE ÁS FAMILIAS

As bases e convocatoria para a concesión de bolsas municipais de comedor escolar 2012/13 foron publicadas no BOP do 13 de xuño.

Prazo de presentación: 10 días hábiles (remata o 25 de xuño).

O impreso pode baixarse na páxina web do Concello

 http://www.santiagodecompostela.org/ 



SAÍDAS XUÑO

Están publicadas as fotos das saídas realizadas ao Acuario de A Coruña polo alumnado de 1º, 2º e 3º e ao Castro de San Cibrán de Lás, Ribadavia e Ourense capital polo grupo de 4º, 5 e 6º. Accede picando nas imaxes.


AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Publicada no DOG (01/06/2012) a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013

O prazo de solicitude será desde o 2 de xuño ato o 2 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 26 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e do 1 setembro ao 1 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia.

ENLACE


CHARLA

O artista e ilustrador de numerosos libros de literatura infantil e xuvenil Suso Cubeiro estivo na biblioteca do Colexio. Explicou ao alumnos e alumnas de terceiro ciclo cómo é a súa forma de dar vida e emocións aos seus debuxos. O alumnado tomou apuntes da súa técnica. Para rematar pintou unha fermosa acuarela.

Podes ver as fotos premendo na imaxe.

 

 


AS ÁRBORES

 

Neste video podedes ver os traballos realizados nas aulas con motivo do ano adicado aos nosos bosques.




ESCOLAS MUNICIPAIS DE VERÁN

ESCOLAS DE VERÁN 2012
PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN
Prazo de inscrición: Do 23 de maio ao 2 de xuño

Máis información nos arquivos adxuntos



XOELIKI


O comic de Xoeliki, feito e protagonizado pola clase de 5ºB, está publicado na páxina web dos autores do libro.

Grazas, Abraham.

 

Accede picando na imaxe.

 

 


OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

 

Os alumnos e alumnas de 3º curso asistiron a un Obradoiro de Ilustración na Galería Sargadelos organizado polo Concello de Santiago dentro da Campaña de Animación á Lectura.

 

 

 

 

 


SAÍDA

 

Pepe Carreiro o ilustrador da serie "Os Bolechas", presentou no Centro Comercial Compostela unha nova colección 'A familia Caravana' á que asistiron alumnos e alumnas de 1º curso do CEIP Ramón Cabanillas. Nesta aventura, Pepe Carreiro  colaborou co seu fillo Abraham tanto nos textos e na historia como nos debuxos.

 



PALABRAS EN GALEGO

 

Durante a Semana das Letras Galegas o alumnado foi deixando nos espazos do Centro as súas palabras favoritas en galego. Fai clic na imaxe e verás un video cunha selección das mesmas.

 


BOCATAS SAUDABLES

                       

 

 

Baixo o lema " Ponlle as pilas ao teu bocata " o alumnado de 3º, 4º e 5º asistiu a unha charla na biblioteca co fin de aproveitar as posibilidades das conservas do mar. Logo chegou o momento de preparar deliciosos bocatas no comedor. Podes ver as fotos da galería facendo clic na imaxe e acceder á páxina web da campaña para aprender máis e participar nun concurso.


CONTO VIAXEIRO 2012

O conto viaxeiro do presente ano foi realizado percorrendo as distintas aulas do Cole, dende o comenzo do curso alumnos e alumnas do CEIP Ramón Cabanillas foron dando forma e vida a este conto adicado aos bosques. Para rematar foi proxectado na biblioteca na semana de actividades das Letras Galegas.

 


TÍTERES


O día 14 de maio a compañía Tres Globos ofreceu unha sesión de títeres ao alumnado de infantil na Biblioteca. Representou a obra "Pedro e o Lobo". Fai clic na imaxe para ver as fotos.

 

 


 

ENTREGA DE PREMIOS

Enlace ao video orixinal (minuto 6:50)

Entregados os premios aos gañadores do concurso de debuxo do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Paula Noya Marullo, de 11 anos e de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas, foi a triunfadora na modalidade de 9 a 12 anos.

 

 

Enlace á noticia e fotos na web do Concello

 


sentímolo, flash non está dispoñible.

DEPORTES

 

David Palmas, xogador do equipo de primeira división de fútbol sala Autos Lobelle, estivo no noso Centro co alumnado de 3º e 5º de primaria.

Máis información

 


Distribuir contido


by Dr. Radut