Curso 2012/13

FIN DE CURSO

Actuación do grupo

Cantigas e Agarimos (video)

Despedida de alumnos/as de 6º de Primaria

 


VALES AXUDAS LIBROS DE TEXTO

A ENTREGA DOS VALES DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2013/2014 SERÁ O DÍA 5 DE XULLO DE 11 A 14 HORAS.


SAÍDA 1º CICLO

 

Día de lecer para os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria na saída ao Centro Don Bosco de Santiago o 19 de xuño.

 

 

 


MÁIS OBRAS DE TEATRO

"A casa máis grande do mundo"

2º Primaria

"A Merliña"

2º Primaria

"A cousa que máis doe do mundo"

1º Primaria


AXUDAS PARA LIBROS CURSO 2013/2014. GRATUIDADE SOLIDARIA

Publicada no DOG (31/05/2013) a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-2014

O prazo de solicitude será desde o 3 de xuño ata o 3 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 26 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinario, e do 2 setembro ao 2 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia.

ENLACE


CHARLA NAI DE ALUMNA

Os nenos e nenas de 1º quedaron encantados coa charla que lles ofreceu a nai de Emma de 1ºA sobre as árbores de Galicia e os tipos de bosque.

 

 

 


ONOMATOPEIAS

 

Actividade do 3º ciclo, dentro do obradoiro de comics, é a representación con palabras dos sons que se escoitan nunha historia e que serven de recuso nos comics.

 

 

 


 

O COELLIÑO BRANCO

Trátase dunha obra de teatro que representaron no Centro alumnos/as de Educación Infantil de 5 anos. Podes ver o video da mesma premendo na imaxe.

 


CONCURSO

 

A alumna de 6ºB Paula Noya, resultou finalista na fase autonómica do XXXII Concurso "¿Qué es un Rey para ti?" con esta fantástica obra.

Noraboa.

 

 

 


 


 

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2013/2014

Publicada no BOP a convocatoria para la concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2013-2014.

O prazo de presentación de solicitudes (BASE 10) é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á súa publicación, polo que o prazo é do sábado 8 de xuño ao  mércores 19 de xuño.

Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/06/07/2013_0000007101.pdf

Concello de Santiago de Compostela

Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego (Servizos Sociais)

Rúa Isaac Díaz Pardo, 2 - 4 (Zona de Galeras) 981542465 

 


SAÍDA DIDÁCTICA

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º realizaron unha saída a unha queixería de Bama (Touro), onde poideron participar na elaboración dos queixos.  

 

 

 


 

CHARLA

Os axentes especializados en Seguridade en Internet da Comisaría de Policía de Santiago ofreceron ao alumnado de Terceiro Ciclo unha charla sobre os riscos da rede na sociedade actual.

 

 

 


 

CHARLA

A biblioteca do Centro recibiu a visita da escritora Mar Guerra, que mantivo un encontro cos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, falaron da novela que tiñan lido "Xenaro e o misterio da mochila verde" e das palabras máis fermosas en lingua galega.

 

 

 


 

TEATRO


Éxito das compañías teatrais de Infantil e 2º de Primaria nas representacións que levaron a cabo no Centro durante o mes de maio. Parabéns.

 


SAÍDA AO ENTORNO

Os grupos de 5º e 6º de primaria realizaron unha visita guiada ao Parque Granell organizada polo Concello, un dos fermosos espazos verdes da cidade situado moi preto do Colexio.

 

 

 

 


PREMIO

 

Imaxe da obra premiada no "IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell" da alumna de 5ºB Samantha Rodríguez González, dentro da categoría colaxe. Noraboa.

 

 

 


OBRADOIRO DE POESÍA

Na Galería Sargadelos e dentro da XIII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago, celebrouse un taller de poesía por parte da Editorial Kalandraka ao que asistiron os/as alumnos/as de 6º curso, nel aprenderon a realizar pequenas coplas a partir de textos de Rosalía.

Aproveitouse tamén a visita para facer un percorrido polo casco histórico da cidade.

 


CHARLAS - OBRADOIROS

  O alumnado de 6º curso participou en dúas charlas-obradoiros na Biblioteca do Centro, a primeira delas tratou sobre "Autoimaxe, estereotipos e roles de xénero", nela deseñaron unhas bolsas pola igualdade. Na segunda o tema foi "Responsabilidade familiar" e o obradoiro consistiu en decorar uns mandís co lema "Aquí, quén cociña?"

 



CONTACONTOS

Dentro da XIII Campaña de Animación á Lectura do Departamento de Educación do Concello e coa colaboración de Kalandraka Editora, o alumnado de 1º e 2º asistiu na Galería Sargadelos á sesión de  contacontos " Unha bandada de Contos"

 

 

 


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer