Curso 2015/16

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS

A partir do luns, 18 de xullo, estarán á disposición de pais/nais/titores legais os historiais académicos do alumnado que rematou 6º de primaria. Poden recollelos en horario de 9 a 14 horas.

FIN DE CURSO

Despedida da promoción de 6º de primaria.

A NEOCOVA

Na nosa réplica dunha cova con pinturas rupestres do período Paleolítico, reproducimos obras descubertas en diversas grutas de España e Francia.

TALLER DE PREHISTORIA

Recreación da prehistoria. Traballo realizado polos alumnos/as de 3ºA.

SAÍDA DIDÁCTICA

 O pasado luns, día 13, o alumnado de 5º paseamos pola ribeira do Sar, dirixidos por un membro do CIAC (Centro de Interpretación Ambiental Compostela). Puidemos coñecer algunha vexetación de ribeira e as brañas. Comprendimos a importancia do ecosistema das brañas para a saúde medioambiental do río, observamos as modificacións realizadas polo ser humano na paisaxe ao longo da historia e fixémonos conscientes da necesidade de protexer os ecosistemas naturais que sobreviven na cidade e da posibilidade de disfrute que nos ofrecen.

Unha curiosidade: no paseo tivemos a ocasión de observar unha das orquídeas máis abundantes na nosa comarca.

SAÍDA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa do Castro de S. Cibrao de Las e ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.

XOVES DE CONTO

Hoxe 26 de maio chegou a última sesión de "Xoves de Conto" neste curso 2015/16. Agradecemos a Mónica Fernández toda a súa dedicación xa que foi a que fixo posible que, por segundo ano consecutivo, se celebrase esta actividade no noso Centro.

 

O conto de hoxe foi "As Estrelas Revoltonas"

SAÍDA

Saída do alumnado de 1º e 2º ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa do Castro de S. Cibrao de Las, na provincia de Ourense.