Skip to Content

E-DIXGAL e FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O CEIP Ramón Cabanillas figura na relación definitiva de Centros seleccionados para participar no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019 en 5º de primaria.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2018/2019 está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda solicitada para adquirir material escolar.

Polo tanto, non se precisa mercar ningún libro de texto ou de actividades  en 5º de primaria para o curso 2018/2019.



page | by Dr. Radut