1º curso
TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por lauracabarcos o Xov, 19/03/2020 - 18:23Querid@s nais e pais dos nen@s do CEIP Ponte de Xuvia:
"Brinca Vai" de Paco Nogueiras
Un dos nosos discos favoritos este ano e que máis bailamos e cantamos foi o de "Brinca vai" de Paco Nogueiras. Escoitamos as súas cancións polo Samaín, o Magosto, coñecimos ó Apalpador da súa man, aprendimos unha preciosa canción polo Día da Paz "Apertas que voan" e, en cada aniversario e festa, bailamos coas súas cancións.
Este ano tivemos a sorte de disfrutar dun concerto del na escola e o pasamos xenial!!! Ademais fomos uns afortunados e sacamos unhas fotos lindísimas con el.
Premendo na imaxe veredes un vídeo con parte deste estupendo concerto.
Aniversarios de Marzo e Abril
E despois da festa dos Maios, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos en marzo e abril, que eran Fabiola, Laura, Antón García, Alisa e Asier. Como sempre comimos, xogamos, bailamos e o pasamos pipa!!
Prmeendo na imaxe veredes un pequeno vídeo do que aconteceu este día.
Festival Intercentros 2017
Este ano para o Festival Intercenros preparamos a linda canción de Pablo Díaz "Queremos galego", na que reivindicamos a importancia que ten para nós o noso idioma e aprendimos unhas cantas frases típicas galegas. Ademais fixemos un precioso mural no que aproveitamos estas frases e, por detrás, puxemos o que significaba cada unha.
Premendo na primeira imaxe veredes os ensaios do festival e, na segunda, veredes a nosa marabillosa actuación.
Saída á Granxa Belelle
Xunto co alumnado de 2º e 3º de Primaria saímos de excursión á Granxa Belelle onde fixemos pan, sementamos na horta, vimos unha morea de animais e montamos nun precioso cabalo.
Pasámolo xenial e disfrutamos un montón con todos os teus compañeiros. Premendo na primeira imaxe veremos unha presentación co que fixemos nesta saída e, premendo na segunda, veredes un pequeno vídeo cunha mostriña destas actividades.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »