proxectos
Sementamos na clase
Como parte do Proxecto de Alimentación do centro, na clase de 1º sementamos legumes e bulbos en distintos materiais (algodón, terra e auga). Nesta presentación podedes ver como se desenrolou este proxecto.
Proxecto de investigación sobre Canadá
Despois de moito tempo, por fin rematamos o proxecto de Canadá. Durante os meses de decembro e xaneiro estivemos a investigar moitas cousas sobre Canadá, o país do que vén Samantha, a nosa auxiliar de conversa. Cada un e unha de nós estudiou un aspecto diferente do país e, despois, os puxemos en común co resto do grupo. A profe dixitalizou todos os nosos traballos e cada quen tivo que elexir como colocaba as cousas no traballo do grupo. E, para rematar, había que montalo e gravar as voces para facer un bonito vídeo. Aquí o tedes por fin, despois de tanto tempo, pero agardamos que vos guste. O veredes picando na imaxe.
Xogos interculturais
Como parte do proxecto, o mestre de Educación Física Manolo e os nenos e nenas de 6º preparáronnos uns xogos dos países que estabamos a traballar. Aquí podedes ver algúns dos xogos que fixemos os de 1º.
Veredes que divertidos son!!
Exposición Senegal
Como resumo de todo o que aprendimos, fixemos no cole unha exposición con todas esas cousiñas que fomos facendo nestes meses. Aprendimos moito e a exposición quedou bastante chula. Que vos parece?
lendas de Senegal
Nesta ocasión foi Nicoleo, o trasniño da biblioteca, quen quería saber cousas de Senegal, sobre todo, as lendas e contiños dos países que estivemos a traballar este curso.
Como non, alá fomos investigar algunhas das lendas de Senegal e escollimos tres:
MOUCHO | ABDOU, O CEGO E O CROCODILO | O MONSTRO DO LAGO |
Ademais Sira atopou unha moi chula sobre o Baobab, árbore sagrada de Senegal. Aquí tedes a historia:
gastronomía
Pola semana da Gastronomía estivemos a estudiar algúns pratos típicos do Senegal e seleccionamos os que máis nos gustaron para o libro de receitas do cole.
Aquí podedes ver algúns destes pratos e a receita que Bachir compartiu con todos nós.
paisaxes de senegal
Para coñecer as preciosas paisaxes de Senegal, o papá de Bachir tróuxonos á clase postais dalgúns sitios do seu país e puidemos ver as diferencias e, sobre todo, as semellanzas que hai entre o nós, que son moitas xa que os dous teñen preto o mar.
Festival de Entroido
Polo Entroido, estivemos a estudiar como se viste a xente de Senegal e, coa información que conseguimos, con teas da casa e a grande axuda das familias, fixemos estes bonitos traxes para o festival do cole.
Himno e situación
Enviado por avotero o Xov, 02/02/2012 - 12:33Os alumnos de 1º imos estudiar o país do noso compañeiro Bachir: SENEGAL
Pica na bandeira se queres escoitar e ver a letra do himno deste país.