Actividades realizadas - Tipo 2

Ao longo do curso fixemos unha morea de actividades relacionadas co tema.

Comezamos no 1º trimestre traballando sobre a ASMA e, por equipos, fixemos carteis e presentacións en power point e organizamos obras de teatro para amosarlles ao resto do cole que facer en caso de que alguén teña un ataque de asma.

E que mellor forma de aprender que preguntándolle a unha compañeira e un excompañeiro maiores e que levan moitos anos vivindo coa asma. Uxía de 6º e Miguel, curmán de Naomi, e antigo alumno do colexio, viñeron á nosa clase e nos contaron unha morea de cousas ao respecto. Tamén fomos á aula de informámos información sobre o tema:

- EXPOSICIÓN SOBRE A ASMA DE MIGUEL

- EXPOSICIÓN SOBRE A ASMA DE UXÍA

- BUSCAMOS INFORMACIÓN

Despois disto, coa información recollida e outra que buscamos nós, fixemos os traballos que colgaremos na escola para que todo o mundo saiba que facer en caso de que a alguén lle dea un ataque de asma.

CARTEIS:             EQUIPO 2       EQUIPO 3       EQUIPO  5

PRESENTACIÓNS:  EQUIPO 1       EQUIPO 4       EQUIPO 6

EXPOSICIÓNS NAS AULAS:   EQUIPO 1   EQUIPO 2    EQUIPO 3   EQUIPO 4   EQUIPO 5    EQUIPO 6

Despois de traballar sobre a asma, os nenos e nenas de 4º viñeron á clase a explicarnos como traballar en caso de un problema de DIABETE. Nos fixeron unha exposición moi interesante sobre como actuar en caso de HIPOGLUCEMIA ou HIPERGLUCEMIA.

EXPOSICIÓN DE 4º DE PRIMARIA SOBRE DIABETE

Xa no 2º trimestre comezamos a traballar sobre PRIMEIROS AUXILIOS e, despois de ver distintas opcións, decidimos que queriamos facer unha revista, curtas, cancións e un xogo sobre o tema.

Nos dividimos en equipos en algúns de nós fixemos a REVISTA, con Juan como director, e outros fixemos as curtas, facendo parellas que serían os directores de cada curta.

Para a revista nos organizamos por funcións e había redactores, deseñadores e maquetadores. Despois de buscar información aprendimos a utilizar procesadores de texto dun xeito sinxelo pero que nos vai servir para facer moitos traballos no futuro. Decidimos entres todos chamala "A VOZ  DE  3º".

Esta é a nosa REVISTA     

Á vez, por parellas, organizamos sete CURTAS dirixidas ás temáticas que aparecen nas reportaxes da revista e que nos servirán para exemplificar mellor como actuar ante estes casos.

As CURTAS foron as seguintes:

- A  FERIDA  DE  JUAN

- O  ATRAGOAMENTO  DE  XOSÉ

- COMO ACTUAR ANTE UN ATAQUE DE ASMA

- COMO ACTUAR ANTE A HIPOGLUCEMIA

- PROTEXER, ALERTAR, SOCORRER

- QUE FACER CANDO ALGUÉN TEN UN GOLPE

- QUE TEN QUE HABER NUNHA CAIXA DE EMERXENCIAS

Tamén queriamos facer unha CANCIÓN e, para isto fixemos primeiro un concurso no que cada un de nós trouxo unha canción. Algunhas eran máis curtas, outras máis longas pero todas moi creativas e interesantes.

Gañou o Pousa do Pirmeiros Auxilios de Tiago Lorenzo e chamamos ao amigo da profe, Berto, para ver se podía vir gravar a canción con nós. Nos fixo a súa propia versión do Pousa adaptada á nosa letra e veu con todo o seu equipo a gravar a canción e a ensinarmos como se mezclan as pistas no ordenador e como se compón.

Deseguido vos amosamos vídeos con estas actividades e a nosa canción:

- CONCURSO DE CANCIÓNS

- GRAVACIÓN DO POUSA

- CANCIÓN DO POUSA

Despois de todo isto xa tiñamos preparadas moitas das pistas para levar a cabo o Break Out sobre Primeiros auxilios pero quixemos aprender a utilizar algunhas FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS para que o xogo fose máis interesantes. Para isto veu David, un home que sabía un montón de tecnoloxías, e nos axudou a elaborar as probas e a realizar algunhas que nós xa tiñamos pensadas.

Así programamos un xogo en Scratch que consiste en contar as letras de PAS e os números do 112 para resolver un dos xogos. Tamén programamos Micro:bit para poder acadar un percorrido do noso robot DOC e, para rematar, tivemos que volvernos un pouco tolos para saber cambiar os contrasinais dos candados, pero con axuda o conseguimos. Aquí tedes vídeos destas actividades:

- PROGRAMAMOS CON SCRATCH

- PROGRAMAMOS O MICRO:BIT

- CREAMOS O PERCORRIDO DE DOC

E xa, con todo isto, organizamos o noso BREAK OUT e vos preguntaredes: E iso que é??

Pois o Break Out é un xogo con caixas pechadas con candados e, dentro delas, hai pistas que se deben ir resolvendo para abrir as caixas seguintes. Todo isto ten sempre unha finalidade que é acadar un resultado final.

Dado que o noso proxecto vai de Primeiros auxilios e dunha Escola segura, se nos ocorreu que podiamos prantexar aos demais que o cole estaba en chamas e que a mestra saiu facer fotocopias deixándonos pechados na clase, mais sabemos que nunha das caixas da súa mesa está a chave, e que os candados se abren seguindo as pistas que ela nos vai deixando por se algunha vez estamos en problemas.

Con todo isto creamos as pistas e creamos o xogo que agardamos vos guste moito e podedes vir desfrutar á nosa aula cando queirades. Este xogo nos serviu para revisar todo o aprendido, reflexionar sobre o traballado e, sobre todo, para amosarlles aos demais o que fixemos e se divertisen co noso proxecto.