1º curso

TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Querid@s nais e pais dos nen@s do CEIP Ponte de Xuvia:

PRIMEIRA SEMANA SEN CLASE

 

Visita dun torneiro

Este ano, o avó de Alejandro, un alumno de 5 anos, ofreceuse a explicarnos como é o oficio dun torneiro. Con moi bo humor e moita maxia fixo para nós un precioso peón co que despois puidemos quedar na clase e xogar.

Premendo na imaxe veredes un vídeo do que aquí aconteceu

Xornal da escola

Como parte do xornal do colexio, fixemos un pequeno repaso a todos os proxectos que levamos a cabo este ano, tanto nas clases de Sociais, Naturais e Galego como outros que foron xurdindo co paso do tempo.

Premendo na imaxe podedes ver a nosa aportación ao xornal do colexio.

"Brinca Vai" de Paco Nogueiras

Un dos nosos discos favoritos este ano e que máis bailamos e cantamos foi o de "Brinca vai" de Paco Nogueiras. Escoitamos as súas cancións polo Samaín, o Magosto, coñecimos ó Apalpador da súa man, aprendimos unha preciosa canción polo Día da Paz "Apertas que voan" e, en cada aniversario e festa, bailamos coas súas cancións.

Este ano tivemos a sorte de disfrutar dun concerto del na escola e o pasamos xenial!!! Ademais fomos uns afortunados e sacamos unhas fotos lindísimas con el.

Premendo na imaxe veredes un vídeo con parte deste estupendo concerto.

Aniversarios de Marzo e Abril

E despois da festa dos Maios, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos en marzo e abril, que eran Fabiola, Laura, Antón García, Alisa e Asier. Como sempre comimos, xogamos, bailamos e o pasamos pipa!!

Prmeendo na imaxe veredes un pequeno vídeo do que aconteceu este día.

Os Maios

Xa chegaron as flores e os froitos e, para celebralo, dous monitores viñeron á escola a facer con nós unhos preciosos maios que despois serviron para expor en Narón.

Premendo na imaxe veredes un vídeo do que fixemos nesta actividade.

Festival Intercentros 2017

Este ano para o Festival Intercenros preparamos a linda canción de Pablo Díaz "Queremos galego", na que reivindicamos a importancia que ten para nós o noso idioma e aprendimos unhas cantas frases típicas galegas. Ademais fixemos un precioso mural no que aproveitamos estas frases e, por detrás, puxemos o que significaba cada unha.

Premendo na primeira imaxe veredes os ensaios do festival e, na segunda, veredes a nosa marabillosa actuación.

Día da Educación Fisica

Para celebrar o Día da Educación Física, os nenos e nenas do 1º ciclo do colexio nos xuntamos cos do cole Jorge Juan e fixemos unha morea de xogos no Paseo Marítimo. Foi moi divertido!!

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo dese día.

Saída á Granxa Belelle

Xunto co alumnado de 2º e 3º de Primaria saímos de excursión á Granxa Belelle onde fixemos pan, sementamos na horta, vimos unha morea de animais e montamos nun precioso cabalo.

Pasámolo xenial e disfrutamos un montón con todos os teus compañeiros. Premendo na primeira imaxe veremos unha presentación co que fixemos nesta saída e, premendo na segunda, veredes un pequeno vídeo cunha mostriña destas actividades.

Distribuir contido