NO PONTE DE XUVIA CONTINUAMOS RECICLANDO ACEITE!

Durante este curso poderedes atopar novamente no noso patio, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.

VOLTA AO COLE

VOLTA AO COLE de Sara Gómez Amado

Biblioteca de primaria

Durante este curso estivemos a crear dous preciosos espazos no cole que, de seguro, imos desfrutar moito a partires do curso que vén.

Pedimos axuda ás familias e ao alumnado e montamos unha fermosa biblioteca no edificio de primaria e un quiosco de xogos novo que vai facer que os nosos recreos sexan aínda máis divertidos.

O noso neno artista Minh marcha do cole pero segue a deixarnos a súa arte na escola. Como te imos botar de menos!!!

Agardamos que vos gusten!!

   

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Xa estamos a piques de rematar o curso e pronto gozaremos dunhas divertidas e merecidas vacacións. 

Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras

que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos.

Feliz verán! 

 

Revista escolar 2024

Non queriamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no cole durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2023-2024.

Agardamos que vos guste!

 

 

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

O pasado 28 de maio e coincidindo co Día Internacional do Xogo

celebramos no cole a I Xornada de Aprendizaxe Baseada en Xogos,

convidando a alumnado e familias a compartir un tempo de xogos de mesa, no que o profesorado puxo en práctica o aprendido na formación deste curso, os nenos e nenas coñeceron mellor a ludoteca do centro e as familias descubriron as múltiples oportunidades que ofrecen este tipo de xogos.

I XORNADA ABX PONTE DE XUVIA

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril festexamos como cada ano no noso centro o Día do Libro e nesta ocasión convidamos ao noso alumnado a traer ao cole o seu libro favorito para crear unha fantástica montaña de divertidas lecturas.
 
Ademais, aproveitamos esta data tan sinalada para realizar a tan desexada reapertura da Biblioteca do Ponte de Xuvia.
 

23 de Abril: DÍA DO LIBRO

ERASMUS+,LITUANIA

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO PROGRAMA DE MOBILIDADE,ERASMUS+. ESTE PROGRAMA DE FORMACIÓN DO PROFESORADO CONTOU COA PARTICIPACIÓN DA NOSA COMPAÑEIRA PURI ONDE PUIDO VER OUTRAS EXPERIENCIAS DOUTROS COLES, NESTE CASO EN LITUANIA, EN RELACIÓN CO PROGRAMA STEM, POLOS CREATIVOS, ROBÓTICA...PROGRAMAS NO QUE ESTÁ INMERSO O NOSO CENTRO. TEDES MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE

https://www.instagram.com/p/C5y816GqeD4/?igsh=NGgxcTczZnY3MDQ4&img_index=1

 

Diseño de maria

AMBIENTES SEGUNDO TRIMESTRE

REMATADO O SEGUNDO TRIMESTRE, QUEREMOS COMPARTIR CON VOS UNHA PEQUENA PARTE DAS NOSAS EXPERIENCIAS EN AMBIENTES. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

8M

ESTE VENRES CELEBRAMOS NO CENTRO O 8M CUN MURAL DUNHA MULLER VESTIDA CUNHA SAIA, ESA SAIA ESTABA FORMADA POR FOTOS DE MULLERES RELACIONADAS CO MUNDO DAS BELAS ARTES E TAMÉN FIXEMOS UN PROGRAMA DE RADIO ONDE FALAMOS DESAS MULLERES EMPRENDEDORAS RELACIONADAS COAS DIFERENTES MODALIDADES ARTÍSTICAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

8M DÍA DA MULLER de maria

Distribuir contido