Plan de adaptación do CEIP Pío XII á situación COVID19


PLAN DE ENSINO VIRTUAL

O presente plan ten por obxectivo proporcionar un sistema regrado e estable de docencia virtual que ofreza ao alumnado en corentenas ou confinamentos totais ou parciais unhas rutinas similares ás do ensino presencial, garantindo a interacción entre alumnado e profesor, a realización de tarefas así como a avaliación do progreso.

  PLAN DE ENSINO VIRTUAL ANTE A COVID19
  HORARIO DE ENSINANZA VIRTUAL (3º A 6ºEP)

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID19

Este Plan de Adaptación do CEIP Pío XII á situación COVID19 redactado polo Equipo COVID do centro, está elaborado en base ás instrucións que emanan da Consellería de Educación, ás aportacións realizadas pola comunidade educativa do centro na reunión celebrada o 20/07/2020 coa participación de profesorado, Xunta directiva da ANPA e persoal non docente, foi aprobado pola dirección e informouse do mesmo ao Consello Escolar o día 3 de setembro.



  DOCUMENTO COMPLETO V 1.1 (actualizado 20/09/20)
  OBXECTIVOS DO PLAN
 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA (actualizado 20/09/20)

Denominación do centro, enderezo e teléfonos. Cadro de persoal do centro educativo. Número de alumnos por nivel e etapa educativa. Membros do equipo COVID 19: Funcións e recursos. Centro de Saúde de referencia. Espazo de illamento COVID. Elementos de protección que inclúe. Comunicación ao equipo COVID os casos de sintomatoloxía compatible en relación.

 

 

MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

Medidas xerais de hixiene. Medidas xerais de prevención e protección. Espazos de PT e AL, departamento de orientación ou aulas especiais do centro Atención ao público: Información ás familias e persoas alleas ao centro. Información e distribución do Plan entre a comunidade educativa. Xestión das peticións de vulnerabilidade.

 

MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN COLECTIVA (actualizado 20/09/20)

MATERIAL DE LIMPEZA: Asignación de tarefas ao persoal de limpeza, espazos e mobiliario a limpar de xeito frecuente. Cadro de control de limpeza dos aseos. Material e proteccións para a realización das tarefas de limpeza. Modelo de checklist para anotar as ventilacións  e desinfección das aulas. Determinación dos espazos para a xestión de residuos.
MATERIAL DE PROTECCIÓN: Rexistro e inventario do material do que dispón o centro. Determinación do sistema de compras do material de protección e reposición do mesmo. Procedemento de distribución e entrega de material.
XESTIÓN DOS ABROCHOS
Medidas a adoptar de cara á xestión dos abrochos. Persoas que realizarán as comunicacións das incidencias á autoridade sanitaria e educativa

 

MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO (actualizado 20/09/20)

Asignación a cada grupo-aula do profesorado titor e profesorado especialista. Organización de entradas, saídas e xornada lectiva. Determinación das portas de entrada e saída e das circulacións no centro educativo: 4º educación infantil. 5º e 6º de educación infantil, 1º e 2º primaria, 3º a 6º primaria. Profesorado encargado do control de entrada e saída. Regulación da entrada de acompañantes do alumnado. Situación dos pupitres e posición do profesorado nas aulas tipo do centro. Organización dos recreos. Profesorado de vixilancia nos recreos dos grupos de convivencia estable. Aulas específicas: Educación física, psicomotricidade e aulas-ximnasio. Asignación de baños. Previsións sobre a colocación de cartelería e sinaléctica.

 

MEDIDAS EN RELACIÓN COAS FAMILIAS, ANPA E SERVIZOS (actualizado 20/09/20)

FAMILIAS: Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias. Normas para a realización de eventos.
ANPA: Determinacións para as xuntanzas de ANPAs.
SERVIZOS: Quendas para o uso de comedor. Lugares ocupados polos comensais. Priorización do alumnado. Persoal colaborador. Previsión sobre o persoal de cociña e a limpeza da mesma. Previsións en relación co programa de madrugadores. Previsións para a realización de actividades extraescolares fóra da xornada lectiva

 

MEDIDAS ESPECÍFICAS

Previsións sobre alumnado de Educación infantil, 1º e 2º EP: merenda, hixienización de material, traballo en grupo colaborativo, traballo en recantos dentro do grupo estable... Medidas concretas en relación coa diferente tipoloxía de alumnado con NEAE. Tarefas e medidas que o persoal docente e coidador debe de extremar en relación co alumnado NEAE.

 

MEDIDAS DE CARÁCTER FORMATIVO

Plan de formación  que intensificará a educación en saúde: prevención fronte a COVID-19. Profesorado que será o encargado de coordinar a implantación das aulas virtuais.


DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA
  • VIDEOS INFORMATIVOS CURSO FORMACIÓN COVID (CAFI)

Erros máis frecuentes no uso das máscaras

Como protexer ás nenas e aos nenos fronte ao coronavirus - LSE