Edixgal

Edixgal 22-23. Alumnado 5º e 6ºEP


22-23

Alumando, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Descrición do proxecto:


 

 

Enlace información: Equipamento do Alumnado

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (ambos modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

 

Enlace información: Equipamento Aula Dixital

Un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, unha pizarra dixital interactiva será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780, un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta, un armario para a carga dos equipos dotado dun programador e Rede Wifi.

   

Enlace información: Soporte Premium

O alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento que atende as seguintes necesidades:  Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, .... Comunicación e resolución de averias e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno...

 

Enlace información: Entorno Virtual de Aprendizaxe

O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.gal
Existe tamén unha versión Offline que resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.

 

Enlace información: Información para as familias

 

Distribuir contido