Educación responsable

Educación responsable


 

O CEIP Pío XII ten sido admitido para a súa participación no programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade que se realiza en colaboración coa Fundación Botín. O programa é unha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentes implementen o programa formando parte da rede de Centros Educación Responsable da Comunidade Autónoma Galega

O programa ten por obxectivo favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promover a comunicación e mellora a convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias.

O programa axuda aos nenos e mozos a:

  • Coñecerse e confiar en si mesmos.
  • Comprender aos demais.
  • Recoñecer e expresar emocións e ideas.
  • Desenvolver o autocontrol.
  • Aprender a tomar decisións responsables.
  • Valorar e coidar a súa saúde.
  • Mellorar as súas habilidades sociais.
Distribuir contido