FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
NORMAS XERAIS
- O prazo de presentación de solicitudes é do 20 DE MAIO A 21 DE XUÑO de 2022.
- A solicitude PÓDESE CUMPRIMENTAR:
- De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace: ANEXO I e ANEXO II.
- Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
- A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA para todos os fillos e fillas admitidos en CEIP Pío XII para o curso 2023-2024 e servirá para:
1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Para todo o alumnado de EP pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.
2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS
Para o alumnado de 1º e 2º de EP.
3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS
Alumnado de 3º e 4ºEP de EP.
ALUMNADO DE 5º E 6ºEP
O alumnado de 5º e 6º que particip no proxecto EDIXGALe EP disporá de cadanseu portatil. Asemade as familias deste alumnado poderán presentar a solicitude para obter axudas para a adquisición de material escolar no caso de corresponderlle por renda.
- Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2022/2023, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.
Cadro resume de adxudicacións

RESUME DE DATAS A TER EN CONTA
- 20 de maio a 21 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
- 12 ao 21 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados.
- 12 a 28 de xullo ou a partires do 1 de setembro. Entrega dos vales adxudicados para a adquisición de libroe e material.
- 05 de xullo. Publicación da relación provisional co número de libros adxudicados.
- Ata o 7 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
- 10 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
- 04 e 08 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado de 3º e 4º EP.
|