Documentación oficial
Enviado por ceippio12 o Ven, 2020-10-16 11:06
Enviado por ceippio12 o Sáb, 2012-05-05 15:13
 |
|
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado. As probas versarán sobre as competencias básicas establecidas nos decretos 130/2007, do 28 de xuño e 133/2007, do 5 de xullo, polos que se establecen, respectivamente, os currículos de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
|
|
|