Observa_Acción

Observa_Acción


 

 

 

 

Observa_Acción


O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
O contido do programa estará baseado na formación docente dende o punto de vista da observación entre iguais, da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes.
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo) que se detallan a continuación:
O centro educativo establecerá as medidas organizativas pertinentes para que o programa poida desenvolverse de maneira efectiva e para que as actividades lectivas sexan atendidas cos recursos propios do centro. Así mesmo, outorgarase flexibilidade horaria para a correcta realización das actividades asociadas a cada unha das fases do programa:

  1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)
  2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
  3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta
  4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza)

 

Distribuir contido