Observa_Acción
Enviado por ceippio12 o Ven, 2022-12-23 19:29
|
|
Observa_Acción
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. O contido do programa estará baseado na formación docente dende o punto de vista da observación entre iguais, da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes. O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo) que se detallan a continuación: O centro educativo establecerá as medidas organizativas pertinentes para que o programa poida desenvolverse de maneira efectiva e para que as actividades lectivas sexan atendidas cos recursos propios do centro. Así mesmo, outorgarase flexibilidade horaria para a correcta realización das actividades asociadas a cada unha das fases do programa:
- Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)
- Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
- Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta
- Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza)
XORNADA DE INTERCAMBIO NO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN 2023-2024
Clicando no seguinte enlace poderás acceder a plataforma GENIALLY para ver o traballo realizado.
https://view.genially.com/66452323d52e1c0014809604
|
|