Convivencia, diversidade...
Enviado por ceippio12 o Dom, 2022-11-27 13:38
|
|
Inclusión e convivencia pódense considerar as dúas caras dunha mesma moeda. Os nenos e nenas acoden ao centro educativo para aprender, no sentido amplo da palabra: adquirir coñecementos, habilidades, destrezas, valores..., e esta aprendizaxe realízase convivindo con outras persoas, cos seus profesores, cos seus compañeiros. A inclusión é un concepto que fai referencia á forma en que a sociedade, e a escola obrigatoria como parte dela, debe responder á diversidade. O concepto de escola inclusiva non se pode abarcar desde unha única dimensión que a sintetiza, senón que se entende como unha especie de urdime que sustenta unha nova educación que será máis coherente se é froito da reflexión compartida por toda a comunidade educativa.
|
|