Libros de texto

Fondo solidario, axudas libros e material escolar 2023-2024


  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria  obrigatoria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2023/24  (código  de  procedemento  ED330B, ED330G e ED330H).

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 20 DE MAIO A 21 DE XUÑO de 2022.
  • A solicitude PÓDESE CUMPRIMENTAR:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace: ANEXO I e ANEXO II.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA para todos os fillos e fillas admitidos en CEIP Pío XII para o curso 2023-2024 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de EP pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 10.000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Para o alumnado de 1º e 2º de EP.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS

Alumnado de 3º e 4ºEP de EP.

ALUMNADO DE 5º E 6ºEP

O alumnado de 5º e 6º que particip no proxecto EDIXGALe EP disporá de cadanseu portatil. Asemade as familias deste alumnado poderán presentar a solicitude para obter axudas para a adquisición de material escolar no caso de corresponderlle por renda.

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2022/2023, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

Cadro resume de adxudicacións

 

RESUME DE DATAS A TER EN CONTA

  • 20 de maio a 21 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
  • 12 ao 21 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados e dos equipos EDIXGAL do alumnado que remata 6ºde EP ou cambia de centro.
  • 05 de xullo. Publicación da relación provisional co número de libros adxudicados.
  • Ata o 7 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
  • 10 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
  • 12 a 28 de xullo ou a partires do 1 de setembro. Entrega dos vales adxudicados para a adquisición de libros e material.
  • 04 e 08 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado de 3º e 4º EP.

Libros de texto 2023-2024


  

 

 

 

 

 

Distribuir contido