Fondo solidario, axudas libros e material escolar 2023-2024


  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


EXTRACTO de la Orden de 7 de mayo de 2024 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan las ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2024/25 (códigos de procedimiento ED330B, ED330G y ED330H).

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 21 DE MAIO A 21 DE XUÑO de 2024.
  • A solicitude PÓDESE CUMPRIMENTAR:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace: ANEXO I e ANEXO II.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA para todos os fillos e fillas admitidos en CEIP Pío XII para o curso 2024-2025 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de EP pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 10000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Para o alumnado de 1º e 2º de EP.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS

Alumnado de 3º e 4ºEP de EP.

ALUMNADO DE 5º E 6ºEP

O alumnado de 5º e 6º que participa no proxecto EDIXGAL EP disporá de cadanseu portátil. Asemade as familias deste alumnado poderán presentar a solicitude para obter axudas para a adquisición de material escolar no caso de corresponderlle por renda.

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2023/2024, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

Cadro resume de adxudicacións

 

RESUME DE DATAS A TER EN CONTA

  • 21 de maio a 21 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
  • 12 ao 21 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados e dos equipos EDIXGAL do alumnado que remata 6ºde EP ou cambia de centro.
  • 05 de xullo. Publicación da relación provisional co número de libros adxudicados.
  • Ata o 7 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
  • 10 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
  • 12 a 28 de xullo ou a partires do 1 de setembro. Entrega dos vales adxudicados para a adquisición de libros e material.
  • 04 e 09 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado de 3º e 4º EP.