Skip to Content

Educación física

Fase Intercomarcal de Campo a Través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son o 25 de xaneiro.

O venres, 25 de xaneiro, os dous equipos: Benxamín e Alevín masculino, así coma unha nena da categoría Benxamín e outra da Alevín, xunto con varios mestres/as regresaron ao circuíto do Campamento Virxe do Loreto de Porto do Son para realizar as competicións da Fase Intercomarcal de Campo a Través.

Non esquezamos que aquí o nivel sería aínda moito máis alto, pois competirían os/as corredores/as mellor clasificados/as en diversas bisbarras coma por exempolo: Costa de Morte, Xallas, Barbanza, Muros e Noia...

A xornada transcurriu sen incidencias relevantes e o esforzo dos nosos corredores e corredoras veríase recompensado unha vez máis. Nesta ocasión, u os dous equipos masculinos subirían ao podio para recoller a prata e unha das nenas, a da categoría Alevín, tamén lograría pasar á Fase Provincial, ao chegar á meta contra a cabeza.

Moitas grazas ás persoas achegadas que amosaron o seu apoio unha vez máis.

Parabéns e moita sorte de cara a Fase Provincial !!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Comarcal de Campo a Través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son o 17 de xaneiro.

O xoves, 17 de xaneiro, arredor de oitenta nenos e nenas sairon do centro a iso das 10:15h, acompañados/as de varios mestres/as e a adestradora (a profesora de E.Física) cara o Campamento Xuvenil Virxe do Loreto en Porto do Son. Alí levaríase a cabo a Fase Comarcal de Campo a través, na que dous dos nosos equipos, o Benxamín e o Alevín masculinos, acadarían o ouro ao quedaren campións da bisbarra. Pero, ademais dúas nenas, unha Benxamín e outra Alevín, tamén lograron cadanseu metal e clasificarse a nivel individual para a seguinte  fase.

Parabéns a todos/as os/as clasificados/as e tamén ao resto polo esforzo realizado

Tamén queremos agradecer a familiares e amizades asistentes o seu apoio.

Xornada de "Toma de contacto co Campo a través" no Estadio municipal de San Lázaro (Noia) o venres, 23 de novembro.

O venres, 23 de novembro, arredor de 80 corredores/as  de 7 a 12 anos  (2º a 6º de E.P) e 6 profesores/as, entre os que se atopaban o/a de E.Física, sairon a iso das 10:20h do centro con destino ao Estadio municipal de San Lázaro (Noia), onde tería lugar a toma de contacto coa competición da modalidade de Deporte en Idade escolar de Campo a Través.   

Unha vez alí, leváronse a cabo as carreiras de cada categoría, das 11 ás 12:45h aproximadamente. Os nosos nenos e nenas lograron varios metais e o equipo Alevín masculino acadou o primeiro posto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

                                       Noraboa a todos/as polo voso esforzo !!!

 

 

 

 

 

Semana do trompo, do 12 ao 16 de novembro, no noso centro.

Na semana do 12 ao 16 de novembro celebramos a Semana dos trompos, como vimos facendo dende hai xa uns cantos anos por aquelo de :"Polo San Martiño trompos ao camiño".

Deste xeito, tanto nos recreos da mañá coma no de despois de xantar e nas sesións de E.Física trátase de: motivar, ensinar e axudar a nenos e nenas para que fagan bailar o maior número posible de trompos.

De todos modos, dende a área de E. Física procúrase traballar cos trompos e bailaretes ou trompos sen cordel todo o mes e incluso noutros momentos do curso coma nas xornadas de xogos populares, etc. Aínda que, evidentemente, os rapaces e rapazas poden facelos bailar sempre e cando lles apeteza sexa a época do ano que sexa.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Semana do trompo, do 12 ao 16 de novembro, no noso centro.

Na semana do 12 ao 16 de novembro celebramos a Semana dos trompos, como vimos facendo dende hai xa uns cantos anos por aquelo de :"Polo San Martiño trompos ao camiño".

Deste xeito, tanto nos recreos da mañá coma no de despois de xantar e nas sesións de E.Física trátase de: motivar, ensinar e axudar a nenos e nenas para que fagan bailar o maior número posible de trompos.

De todos modos, dende a área de E. Física procúrase traballar cos trompos e bailaretes ou trompos sen cordel todo o mes e incluso noutros momentos do curso coma nas xornadas de xogos populares, etc. Aínda que, evidentemente, os rapaces e rapazas poden facelos bailar sempre e cando lles apeteza sexa a época do ano que sexa.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e de recoñecemento da contorna do 4º nivel de E.Primaria

 O alumnado do 4º nivel de E.Primaria, a titora de 4ºA e a profesora de E.Física, de ambalas dúas aulas, realizaron unha andaina, desde o cole á Ponte do Ruso e dalí, pola marxe dereita do Tines, ata unha pequena praia fluvial na contorna do Monte Golfo.

Unha vez no citado lugar, recuperaron as enerxías perdidas para un pouco máis tarde emprender o percorrido de regreso ao centro, aínda que contaría con algunha nova parada. Así, ao chegaren ao parque do Areal sentaron un anaco para merendar e despois conversar e xogar. Logo, partiron cara á Horta do Muiño, de camiño ao cole, onde recolleron algunhas castañas. Pouco despois,  sairon dalí e nuns minutos chegaron ao centro. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina, de 1º e 2º de E.Primaria.

Os alumnos/as de 1º e 2º niveis de E.Primaria, o/as titores/as e a profesora de E.Física tiveron unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina desde o centro á Ponte do Ruso e algo máis tarde ao Monte Golfo. Unha vez alí, recuperaron enerxías na pequena praia fluvial que hai, para logo regresar ao centro. Aínda que, no traxecto de retorno, realizaron varias paradas máis, e a primeira foi na Área recreativa do Areal. Alí foi onde realizaron a parada máis grande e aproveitaron para merendar, brincar e conversar. Logo, continuaron ata o parque biosaudable e dalí partiron para o souto da Horta do Muiño, no que recolleron bastantes castañas. Finalmente, dirixíronse ao centro.

A xornada transcorreu sen incidencias e, tanto o alumnado coma o profesorado, gozaron da xornada e dos lugares visitados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 3º de E. Primaria, cunha andaina, o 25 de setembro.

O pasado martes, 25 de setembro, o alumnado do 3º nivel de E.Primaria, así como as súas titoras e a profesora de E.Física levaron a cabo unha xornada de convivencia e de recoñecemento da contorna cunha andaina. Así, sairon do centro a iso das 10:10h en autobús deica o porto do Freixo e dalí dirixíronse andando ata o "Estaleiro e varadoiro Hermanos Abeijón". Unha vez alí,  alumnos/as e profesoras recibiron as explicacións pertinentes sobre as tarefas que realizan ao longo do ano con embarcacións, tanto de madeira coma de fibra. Logo, sairon cara Broña polo paseo marítimo e ao chegar á contorna da praia: merendaron, conversaron e brincaron deica iso das 13:30h, posto que a esa hora recolleríos/as o autobús para regresar ao centro.

Sen lugar a dúbidas, a mañá pasou axiña e resultou moi agradable.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares no C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo), co alumnado de 3º e 4º niveis de E. Primaria e parte dos seus mestres e mestras, o 18 de abril.

O pasado mércores, 18 de abril, os discentes de 3º e 4º niveis de E.Primaria do noso centro e parte dos seus docentes, reunímonos no C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo) cos do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña), os do C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) e, por suposto, cos do centro anfitrión.

Ao longo de hora e media, máis ou menos, realizamos diversos xogos (fundamentalmente populares), dous bailes e un obradoiro, no que elaboraron un xoguete co que traballar a coordinación óculo-manual, empregando, primordialmente, material de refugallo. Logo, merendaron e conversaron durante uns trinta minutos antes de retornar ao centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares no C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) co alumnado e parte do profesorado de 5º e 6º niveis de E.Primaria o 24 de abril

O pasado martes, 24 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º niveis de E.Primaria e boa parte do profesorado do noso centro, do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso (A Barquiña), do C.E.I.P Felipe de Castro (Bergondo) e do centro anfitrión, o C.P.I Cernadas de Castro (Lousame) levamos a cabo unha xornada de convivencia, na que puxemos en práctica diferentes xogos (maioritariamente populares), algún baile e un taller de nós, onde quen quixo realizou un chaveiro. 

A xornada transcorreu sen incidencias e coido que aos anfitrións, que era a primeira vez que organizaban unha xornada desta índole, lles quedaron gañas de seguir no grupo e organizar outras nos vindeiros cursos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut