Skip to Content

Actividades

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Primeira actividade organizada para as familias de infantil, organizada conxuntamente polo centro e a ANPA.

Escrivídenos para reservar praza a: ceip.outes@edu.xunta.gal

Descarga en adxuntos o cartaz.

Obradoiro de familias

 

 

   

O Obradoiro de familias constará de 4 sesións impartidas por Marian Cobelas, nas cales, se tratarán diferentes contidos, relacionados cos intereses e necesidades das familias asistentes. 

Inicio curso 2021/2022

Bo día familias,

Neste primeiro día de clase dende a Anpa Río Tines queremos trasladarvos información sobre a asociación, sobre como asociarvos e sobre algunhas das actividades que proxectamos desenvolver durante este curso escolar. Achegámosvos un tríptico informativo que recolle toda esta información, así como unha infografía na que se explican as actividades a desenvolver cos prezos, días e grupo necesario para que se leve a cabo. Dadas as circunstancias debemos fomentar o uso de medios electrónicos para comunicarnos así que para que vos resulte máis sinxelo podedes inscribirvos ás actividades extraescolares a través do seguinte formulario: https://forms.gle/2ZLP25ZxHJjMQjYi7

Gustaríanos contar co voso apoio e agardamos poder traballar xuntos. 

Desexándovos un moi feliz inicio de curso 2021/2022, recibide un afectuoso saúdo:

 

Directiva Anpa Río Tines

Distribuir contido


by Dr. Radut