Skip to Content

Recoñecementos

1º PREMIO INNOVAGAL

1º PREMIO CEIP DE OUTES

Estamos de celebración no CEIP de Outes!!!!!

Hoxe vense de publicar a Resolución da Consellería de Educación na que se nos concede o primeiro premio INNOVAGAL. Este premio ten como obxectivo recoñecer o traballo desenvolvido na implementación de metodoloxías innovadoras nos centros educativos.

É un recoñecemento, por tanto, ao camiño andado por esta Comunidade Educativa centrado en construír unha escola que mire á infancia e que atenda as súas necesidades. Unha Comunidade Educativa implicada neste proxecto de escola de maneira activa e, á que lle temos que agradecer o esforzo destes últimos anos que foi premiado hoxe.

SELLO DE VIDA SALUDABLE

 

E vimos de recibir a noticia da concesión do “Sello de Vida Saludable” do Ministerio de Educación e Formación Profesional @educaciongob

Este distintivo é un recoñecemento público aos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saúdable e actividade física.

Como recolle o BOE está concedido aos centros que teñen un firme e inequívoco compromiso co desenvolvemento e mellora da calidade esucativa e da saúde. En concreto no noso centro este selo concedeuse, entre outras, polas seguintes propostas:

  •  Elaboración do Proxecto de vida activa e deportiva.
  • Introducción dun espazo de psicomotricidade na libre circulación de EI.
  • Promoción de recreos activos no que se diseñaron espazos e materias que invitaran á actividade física: bicis e patinetes, zona excavación, rocódromo, apertura ximnasio para actividades de raqueta…
  • Participación en Xogade: campo a través, piragüismo, remo, kayak…
  • Deseño e implementación de PDI que abordan os habitos de vida saudables e como este traballo se difundiu na comunidade educativa.
  • Rutas de senderismos para coñecer a contorna.
  • Milla no centro con percorrido deseñado polo alumnado.
  • Sesións  de primeiros auxilios.
  • Programa de merendas saudables aportadas polo centro para todo o alumnado.
  • Carreira solidaria con participación das familias.
  • Xornada de convivencia e xogos populares 
  • Deseño de menús saudables elaborados por @nutricoles
  • Xornadas de formación sobre alimentación para alumnado, familias e persoal do centro.

 Noraboa a todas pola vosa implicación! Orgullo de comunidade educativa Guiño

 #somosoutes #selocalidade #sellovidasaludable

PREMIO RETOS POLOS CREATIVOS

Estamos de celebración!!! O proxecto "Outes soñando o patio" ven de ser premiado dentro dos Retos Polos Creativos na categoría de Mellor solución de accesibilidade e convivencia.

Neste traballo o alumnado do noso centro organizado en 17 comisións deseñou os distintos espazos que o Consello da infancia perfilou despois de analizar as propostas das aulas.

Estas comisións encargáronse de investigar as posibilidades dos espazos, de buscar propostas, de deseñar, de escoitar a persoas expertas que as asesoraran, de realizar os orzamentos do seu proxecto, de redactar o dossier do seu proceso e de buscar materiais e realizar a maqueta do mesmo.

Todo este traballo das 17 comisións volcouse nunha maqueta xeral do patio que recolle a escala todas estas propostas  e nun amplo e detallado dossier que a acompaña.

Orgullosas como comunidade doutro traballo colectivo de mellora do espazo escolar no que o alumnado se empodera e comproba que traballando xuntas por un obxectivo común somos mais fortes.

 

PREMIO JAVIER NOVELLE 2023

 

 

Vimos de recibir o premio Javier Novelle 2023 por "atoparlle o lado máis lúdico á tecnoloxía (e outras cousas)", no Día da Ciencia na Rúa que se celebrou o pasado 6 de maio na Coruña.

Non podemos estar máis contentas co recoñecemento ao traballo do noso alumando!

 

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL

Estamos de noraboa!!!
A Deputación da Coruña ven de concedernos o premio Concepción Arenal polo proxecto de igualdades desenvolvido o curso pasado.

“Tecendo Igualdade” é un proxecto levado a cabo polo alumnado de infantil. Podedes ver o comentario do xurado na segunda foto.

PREMIO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

 

 

 

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta. 

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€. 

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! SorrisoSorriso

RECOÑECEMENTO SELO BILIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

ESTAMOS DE NORABOA!

Segundo a Resolución de 23 de Maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos, a nosa biblioteca foi recoñecida co Selo BIBLIOTEC ESCOLAR SOLIDARIA, un recoñecemento ao traballo realizado cunha dotación de 1.500 euros, coa que poderemos seguir compartindo momentos de lecer e aprendizaxe en comunidade.

Seguimos no camiño, con moita ilusión.

Grazas por compartila con nós!

PREMIO AO TRABALLO POR PROXECTOS

NOVO PREMIO no VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de @bescolaresgal realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta.

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€.

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!!

PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS