Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

REUNIÓNS INICIO CURSO 22/23

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2022/23 que afrontamos con enerxías renovadas. 

 

Durante o próximo luns, día 5, celebraremos as xuntanzas por curso para poder presentar ao profesorado e entregar os vales de material, cheques de libros e libros do fondo. No adxunto podedes ver os horarios da convocatoria e a porta de entrada para cada curso.

 

 

Recibide un agarimoso saúdo.

ABERTO PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-2023

Prazo de entrega do Modelo de Autodeclaración Comedor Escolar para o Curso 2022-2023, dende o Luns 4 Xullo ata o Venres 8 Xullo en horario de 09:00 h ata 14:00 h

Para solicitar praza é preciso estar ao corrente de pago dos recibos do curso 2021-2022

NOVA MATRÍCULA CURSO 22-23

O día 21 de xuño abre o prazo para a formalización da matrícula do alumnado de NOVA INCORPORACIÓN.

Toda a información no seguinte enlace: "pinchar aquí". 

RECOÑECEMENTO SELO BILIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

ESTAMOS DE NORABOA!

Segundo a Resolución de 23 de Maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos, a nosa biblioteca foi recoñecida co Selo BIBLIOTEC ESCOLAR SOLIDARIA, un recoñecemento ao traballo realizado cunha dotación de 1.500 euros, coa que poderemos seguir compartindo momentos de lecer e aprendizaxe en comunidade.

Seguimos no camiño, con moita ilusión.

Grazas por compartila con nós!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 22-23

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

 

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

 

Que axudas se poden solicitar?

  •  Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.

 

  •  Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

 

  •  Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

  •   O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo non entran nas axudas de libros de texto.

 

Como se solicitan?

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. Tamén podedes descargar a solicitude pulsando aqui para presentala  no centro en horario de 12:00 a 14:50.

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.

 

 

LETRAS GALEGAS 2022


Aquí vos deixamos o vídeo elaborado conxuntamente polo CEIP de Outes e o IES Poeta Añón para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2022.

Pincha no enlace!

Esperamos que o disfrutedes!

ADMISIÓN ALUMNADO

PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023 no centro. Dacordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información que podemos trasladar é a seguinte:

  • 4º EI: A totalidade de solicitudes presentadas en prazo foron admitidas.
  • 5º EI: A totalidade de solicitudes presentadas en prazo foron admitidas.

O 13 de maio publicaremos a lista definitiva e as instrucións a seguir para a formalización da matrícula no mes de xuño.

RESULTADO VOTACIÓN

Boas tardes.

En primeiro lugar agradecervos a elevada participación na xornada de votación de hoxe.

Os datos despois do escrutinio son os seguintes: 

  • Votos emitidos: 175.
  • Votos a favor da xornada única: 131.
  • Votos en contra da xornada única: 39.
  • Votos nulos: 5.

Polo tanto se supera a porcentaxe necesaria para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañán.

Un saúdo.

PROXECTO XORNADA CONTINUA

Adxuntamos a presentación do proxecto para a xornada continua. 

Para calquera dúbida agradecemos chamedes ao centro.

USO RESPONSABLE DE PANTALLAS

Adxuntamos documentación do taller "Uso responsable das pantallas dende a disciplina positiva", impartido por Marián Cobelas.

Esperamos vos sexa de axuda!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut