Skip to Content

PLAMBE

PLAMBE

 
PLAMBE
 
 

O PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia) é un programa iniciado en 2005 que está a impulsar a transformación das bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Pero máis aló dos recursos, as bibliotecas son un instrumento esencial para a innovación educativa na medida en que propician e lideran a utilización de metodoloxías activas, a integracións das TIC en contextos reais de aprendizaxe e o traballo por proxectos. 

 O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares facilita recursos, formación e obxectivos comúns a un profesorado interesado en facer da súa biblioteca un espazo de aprendizaxe, en liña coas esixencias da normativa educativa vixente. Ademais integra as bibliotecas escolares presentes no programa nunha gran rede de intercambio de coñecemento.

 A continuación, pinchando na imaxe, tedes o enlace ao blog:

  
 
            
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut