Skip to Content

Histórico

Xornada de Portas Abertas

Se buscas escola para as túas fillas e fillos e queres coñecer o noso proxecto educativo é o momento.

Pincha aquí para reservar a visita!

ENTROIDO CHOQUEIRO

PLANTASÍAS

Dentro do PDI do curso escolar 2023/2024 estamos a desenvolver unha serie de actividades vinculadas ao río Tins. Unha delas é este pequeno proxecto documental chamado "Plantasías; un proxecto de reconexión coa cultura das árbores" no que participou activamente o alumnado do 3º ciclo do noso centro.

Con todas vós, os proxectos dos grupos de 5º e 6º de Educación Primaria!

 

III CARREIRA SOLIDARIA

 

Xa temos aquí a 3ª Carreira Solidari que se celebrará a favor da fundación MENIÑOS. Anotade a data!

*Podedes descargar o cartaz en adxuntos.

CHARLA "O XOGUETE NON SEXISTA E INCLUSIVO"

 

Hai xoguetes só para nenas ou nenos? Como inflúen os xoguetes no desenvolvemento da infancia? Que temos que ter en conta cando compremos xogos para evitar xoguetes sexistas? 

A todo esto e a calquera outra dúbida que se vos plantexe, daremos resposta nesta charla o próximo día 11.

Anotade na axenda! Agardámosvos a todas.

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

Esperámosvos a todas este venres para desfrutar de xogos tradicionais en familia, non faltedes!

 

PANTALLAS SEN CONTROL

Esperámosvos a todas este mércores na Casa da Cultura para falar sobre os riscos que conleva un mal uso das pantallas nas rapazas e rapaces.

Alí nos vemos!

*Podedes descargar o cartel en adxuntos.

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

O pasado día 30 o Consello Escolar aprobou o Proxecto Educativo do centro.

Este documento, no que levamos meses traballando e que se redactou en comisións, foi unha gran oportunidade de pensar e debatir sobre a escola que queremos.

Este documento dá resposta a preguntas como: como se traballa co alumnado? Que espazos de aprendizaxe podemos atopar? Cal é o nivel de implicación do profesorado? Cal é a nosa cultura avaliativa? Como participa a comunidade educativa no funcionamento do centro?

Pódese descargar en adxuntos ou en documentos de centro.

CELEBRACIÓN 50º ANIVERSARIO

 

* Podedes descargar o cartel en adxuntos.

COLOQUIO SOBRE RELACIÓNS AFECTIVO-SEXUAIS DE FILLOS/AS

 

Convidamos a todas as familias a asistir ao coloquio sobre as relacións afectivo-sexuais que terá lugar o próximo 5 de xuño na Casa da Cultura de Outes.

Promete ser unha experiencia moi enriquecedora da man de Sonia Fernández e Pepe Cabido.

Esperámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut