Skip to Content

Histórico

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Xornada de portas abertas, ven a coñecernos!

Escríbenos a ceip.outes@edu.xunta.gal para anotarte. Alumnado de nova incorporación.

*Descarga o cartel en documentos adxuntos.

OUTES GRITA NON!

OUTES GRITA NON!
Á VIOLENCIA DE XÉNERO

E para conseguilo, traballamos todos os días nunha educación feminista, que respete os dereitos de todas e todos. 

#25N #NINUNHAMENOS

LETRAS GALEGAS 2022


Aquí vos deixamos o vídeo elaborado conxuntamente polo CEIP de Outes e o IES Poeta Añón para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2022.

Pincha no enlace!

Esperamos que o disfrutedes!

RESULTADO VOTACIÓN

Boas tardes.

En primeiro lugar agradecervos a elevada participación na xornada de votación de hoxe.

Os datos despois do escrutinio son os seguintes: 

  • Votos emitidos: 175.
  • Votos a favor da xornada única: 131.
  • Votos en contra da xornada única: 39.
  • Votos nulos: 5.

Polo tanto se supera a porcentaxe necesaria para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañán.

Un saúdo.

PROXECTO XORNADA CONTINUA

Adxuntamos a presentación do proxecto para a xornada continua. 

Para calquera dúbida agradecemos chamedes ao centro.

USO RESPONSABLE DE PANTALLAS

Adxuntamos documentación do taller "Uso responsable das pantallas dende a disciplina positiva", impartido por Marián Cobelas.

Esperamos vos sexa de axuda!

 

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

 

Terceira actividade organizada para as familias de 4º, 5º e 6º de primaria, organizada conxuntamente polo centro e a ANPA.

Escrivídenos para reservar praza a: ceip.outes@edu.xunta.gal

Descarga en adxuntos o cartaz.

PROCESO ELECTORAL XORNADA ÚNICA

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN XORNADA ÚNICA

 

 O pasado mes de novembro o Consello Escolar votou a favor de iniciar o proceso para tramitar a votación de xornada única. O centro tramitou a solicitude e vimos de recibir de Xefatura Territorial o informe de viabilidade do transporte escolar que o nos permite continuar adiante co proceso.

 

Iniciamos pois, tal e como indica a lexislación,  un periodo de información onde o centro ten a obriga de trasladar e explicar á Comunidade Educativa os cambios que se van producir no caso de cambio de xornada.

 

Estas reunións que imos facer por aulas para evitar aglomeracións celebraranse desde o día 14 ata o día 22 de marzo. No seguinte cadro podedes ver a data que lle corresponde ao voso grupo.


Imagen
É fundamental que participedes do proceso e manifestedes a vosa preferencia o día da votación o 27 de ABRIL Para poder tomar unha decisión e votar informadas é importante asistir ás reunións e poder obter información fiable  para poder decidir sobre a educación das vosas fillas e fillos.

DECIDE INFORMADA

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut