Skip to Content

Normativa

ABERTO PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Prazo de entrega do Modelo de Autodeclaración Comedor Escolar para o Curso 2023-2024, dende o Xoves 6 de Xullo ata o Mércores 12 de Xullo en horario de 09:00 h ata 14:00 h

Para solicitar praza é preciso estar ao corrente de pago dos recibos do curso 2023-2024

PRAZO SOLICITUDE COLABORADORAS COMEDOR

Está aberto o prazo para que as nais, pais, titores/as legais do alumnado do centro que desexen colaborar de xeito altruísta, ao longo do curso 21/22, nas tarefas de atención e apoio ás escolares usuarias do comedor escolar, poidan apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin se atopan na secretaría do centro. 

Agradecemos que as persoas interesadas fagades a solicitude o antes posible co obxectivo de facilitar a organización do próximo curso.

COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

O Consello Da Xunta ven de autorizar os seguintes cambios que afectan ás persoas colaboradoras do comedor escolar:
  1. Aumentar a cuantía que reciben ás Colaboradoras de atención e vixiancia d@s menores comensais en comedores de xestión directa a 12,50 euros por día de asistencia efectiva ao comedor.
  2. Ampliar excepcionalmente a outr@s familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio d@s menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixiancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradoras directas dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente. Esta colaboración voluntaria se desenvolverá nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado.
Por tanto, ante este cambio de normativa ábrese un novo prazo desde hoxe día 23  para aquelas persoas interesadas en comezar a colaborar no comedor.
Deberán pedir cita para cubrir unha solicitude no centro que deberán acompañar de:
  • Unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún d@s menores comensais.
  • Unha autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumn@ comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.
  • Certificado negativo do Rexistro Central de delincuentes Sexuais de non ter sido condenad@ por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.
Non dubidedes en poñervos en contacto co centro se tedes calquera pregunta.
Distribuir contido


by Dr. Radut